4.1777777777778 1 1 1 1 1 Rating 4.18 (45 Votes)

Obxectivo: salvar o San Remo 

Os operarios da Patrulla Municipal de Obras comenzando na Rúa de San Miguel os traballos
Os operarios da Patrulla Municipal de Obras comenzando na Rúa de San Miguel os traballos

Un bar pequeno, humilde, histórico por dereito propio no devenir dos días da Vila pesqueira de Camariñas. Situado en frente ao seu porto, desa clase de locais acolledores que abren nas intempestivas horas da madrugada para que acudan ao mesmo mariñeiros e mariscadores de primeira hora a tomarse o chupiño reparador ou a beberse o copazo que quente o corpo mala alma. Nembargantes, como consecuencia dunha serie de obras que as diversas administracións acometeron no seu perímetro comenzan a asolalo inundacións sistemáticas. Uns sumideiros que ante a chegada do temporal de turno vomitan polas súas fauces as negras augas cloacais. Por elo, por mor de arranxar de forma definitiva un problema que se estaba a repetir demasiado na mañán deste luns 29 de marzo de 2010, os operarios do Servizo Municipal de Vías e Obras comenzaron a afanarse na construcción dun aliviadero no pozo  de rexistro que permita que en caso de chuvias masivas as augas do saneamento particular vaian cara a rede de pluviais. Obra que se suma ás que no entorno da glorieta do Paseo Marítimo estanse a levar a cabo para evitar os asulagamentos tamén sistemáticos da rotonda. Esperemos que todo sexa para ben.

Comentarios   

un tolo
0 # hay que mirar polos demas camariñansun tolo 30/03/2010 09:54
eu penso que non e normal obras que inda non terminaron estar en reformas despois son presupuestos altos asi unha carretra que vale 5000E a eles costalle o doble ou mais pos contratistas esta ben ademais de siempre ser o mismo o que como que os outros non son do pobo,espero non ofender a nadie pero a miña impresion e moitas persoas e a misma non e normal que teñamos varias empresas e que faja os travallos siempre o mismo e encima da forma que estan feitos
Responder | Denunciar ante o administrador