4.6666666666667 1 1 1 1 1 Rating 4.67 (12 Votes)

Unha imaxe típica de Camariñas 

Estrella da Jabacha na Praza Maior facendo sonar o seu lexendario corno
Estrella da Jabacha na Praza Maior facendo sonar o seu lexendario corno

Esta é unha imaxe que, a pesar de non ser vella, xa non se ve en Camariñas. A protagonista desta historia é a señora Estrella da Jabacha que vendía as pezas de peixe que pescaban o seu home e o seu fillo (Juan do Caracol, pai e fillo) no mítico barco camariñán chamado "Caracol". Estrella solía chamar aos seus clientes cun corno que o seu home "O Caracol" lle traia do mar. Ela poñíaos a secar para que lle saíra a carne, limpiabaos ben e provabaos para ver se sonaban, porque non todos sonaban como ela quería. Pulsa na imaxe para ler o artigo completo.

Ademáis de ser esta unha imaxe nostálxica de non fai tantos anos, esta foto danos unha mostra máis do que a pesca significou e significa para Camariñas: O seu medio de vida, non só para os propios mariñeiros que van ao mar se non que, coma Señora Estrela, as mulleres, a pesar de non ir a mar habitualmente, tiñan e teñen o seu papel dentro do día a día do traballo no barco.

Os recordos que todos temos de tempos pasados non só se graban na mente como unha imaxe, se non que os sonidos que recordamos de cando eramos pequenos, coma esta chamada da Señora Estrella aos seus clientes quedarán gravados na mente de todos os Camariñáns coma un recordo inesquecible. Coma un bo recordo.

Outro día falaremos da importancia dos nomes dos barcos para identificar áos seus donos. En Camariñas coma en moitos pobos costeiros cámbianse os papeis e o dono do barco pasa a ser propiedade do barco, xa que, coma Juan do Caracol, moitos Camariñáns identifícanse no noso pobo polo barco ao que pertencen (Juan do Caracol, Ito do Gaviota, Juan do Jose Ramona, etc..)

¿Cales son os teus recordos de Camariñas que che quedaron gravados para sempre?


 

Comentarios   

ubaldinho
0 # ubaldinho 05/10/2007 13:32
Aupa don diego, isto sí que son novas de interese, da gusto lerte.
Parabéns, a seguirmos así!
Responder | Denunciar ante o administrador
Noelia
0 # Noelia 05/10/2007 13:48
Esto si que son vos recuerdos.Antes traballabase muitisimo e daba justo ver asi a sente traballando. Grasias Diego pola foto
Responder | Denunciar ante o administrador
reira
0 # BARQUIÑOS DE LATAreira 05/10/2007 19:38
ABER acordadesvos cando erades mas rapases e ibamos pa playa a xogar cos barquiños de latas que fasiamos coas latas de aceite e despios carjabamolos de aljaso e deciamos cuidado que ven tal barco cargadiño de sardiña o fondiño do mar
Responder | Denunciar ante o administrador
reira
0 # pan de ovoreira 05/10/2007 19:45
acordadesvos cando era a epoca de coser o pan de huevo que todo o mundo o amasaba nas suas casas e despois iban po forno de justa uo angeleca a cocer o pan de huevo e tiñan que esperar unha pila de oras asta que por fin viña o seu turno
Responder | Denunciar ante o administrador
ruliña
0 # ruliña 05/10/2007 20:52
miña nai compraballo a africa ,que sabia mui ben o pan de ovo e o biscochon tamen.e cando era as festas do carme ,miña nai fasia unh pernil de porco, que o lebevamos o forno de africa e estaba o forno cheo de potas con perniles iva eu e mas miña irman por a pota e o parnil olia que consolaba .aqueles anos dame justo recordalos .saludos
Responder | Denunciar ante o administrador
Pion
0 # Pion 05/10/2007 21:16
elogo non vos acordades de ir a comprar antes de entrar na escola a casa de señora maria as gominolas e caramelos e os elados que fasia ela de hielo
Responder | Denunciar ante o administrador
reira
0 # o caldo de reolareira 05/10/2007 21:20
acordadesvos cando se mataba o porco e se xuntaba a familia pa comer o caldo de reola e a frixada(ou os raxos)eso si que era vonito
Responder | Denunciar ante o administrador
eva
0 # recordoseva 05/10/2007 21:22
eu teño muitos recordos de camariñas
de cando era pequena e vivia con meus abos en una casiña na playa.
recordo que antes poñian muito medo
pero quen medera volver a eses tempos que me fan falta a gente que no estan qui e non volverei a ver
Responder | Denunciar ante o administrador
ines
0 # recordosines 05/10/2007 22:26
acordadevos de ir o cine de arriba ou o debaixo e cando marchaba luz o alboroto que se facia?que sorte tuvemos os que pudemos disfrutar de esas cousas
Responder | Denunciar ante o administrador
Machote
0 # Machote 06/10/2007 11:33
elogo cando xogabamos a espadear manolito non daba avasto afacerlle espadas pos do campo e do roeiro novo que estaban xuntos contra os de corea esto pasaba na xesteira eso si que molaba,e a policias e ladrons que carreiras,a correa eso si que doia,e o futbol o mellor equipo da costa da morte.
Responder | Denunciar ante o administrador
Bufardo
+1 # RE: Fotos Historicas: O corno de Estrella da JabachaBufardo 06/10/2007 14:08
Tiempos que fueron, llantos y risas,
Negros tormentos, dulces mentiras,
¡Ay!, ¿en dónde su rastro dejaron,
En dónde, alma mía?


Rosalía de Castro.
Responder | Denunciar ante o administrador