A Masacre Animal continúa

O pobre gatiño quedou estricado dunha forma que recorda aos célebres Rasca y Pica dos Simpson
O pobre gatiño quedou estricado dunha forma que recorda aos célebres Rasca y Pica dos Simpson

As rúas de Camariñas convertidas en fosa común para toda clase de animaliños, camposanto colectivo no que chegan a reposar un pobre gatiño callejero que tras o topetazo mortal contra un deses reactores conducidos por chavales a altas velocidades polo Muelle Novo xace exposto ao escarnio público; outra toldiña (e xa fan unha parelliña) que leva tirada dous meses na Praia de Lago ofrecendo as súas carnes a depredadores de todo tipo e os seus olores pestíferos e pestilentes a viandantes ocasionais; lagartos, que falecen polos camiños listos para brindar a súa cocodrilesca pel para uns mocasíns (mocosíns tamén vale) de imitación. Con todo, non se deben olvidar as sabias palabras de Trevor Howard na xenial "La Hija de Ryan" cando, transmutado no clásico e respetado párroco católico irlandés, lle decía diante dunha horripilada pero fermosa Sarah Miles ao tonto do pueblo, que acababa de arrincar sin más ni más unha das súas pinzas a un lumbrigante vivo: "Michael, te he dicho mil veces que son seres creados por el Señor". E que razón tiña o Páter.

Comentarios   

Un
0 # RE: Animais mortos en Camariñas (II)Un 21/03/2010 15:32
Esta reportaxe parece puro morbo periodístico. Creo que non é necesario ser tan explicitos en este tipo de asuntos (e refirome as fotos)

Un saudo
Responder | Denunciar ante o administrador
Machote
-1 # machoteMachote 21/03/2010 17:45
por favor diego podes sacar as fotos do can,non dan boa imagen gracias
Responder | Denunciar ante o administrador