- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 12 Marzo 2010 12 Marzo 2010
Obras na gran Avenida porteña
Según se sae da Ponte do Porto con dirección Camariñas na marxe dereita do camiño o viaxeiro poderá atopar o Lugar de Xarás: unha longa avenida rectilínea que remata nun pequeno altozano visible dende a carreteira principal. Alí dende hai unhas semanas están os operarios da empresa laxeira Fermín Simal Construcciones afanándose na Ampliación e Mellora da Avenida de Xarás. Así foi denominada unha obra que resultou adxudicada en preto de 130.000 euros e que é financiada pola Deputación Provincial da Coruña e polo Concello de Camariñas. Camarinas.eu, a web que contempla este municipio como un todo informativo, coñecedora das obras decidío personarse na mañán do 12 de marzo de 2010 no lugar de autos e chequear co seu ollo experto típico do enxeñeiro aficcionado e da alma xubilada o estado dunhas obras que prometen dar un lavado de cara a este rectilíneo barrio porteño. O resultado: unha amplia e amena galería fotográfica.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.