- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 08 Marzo 2010 08 Marzo 2010

Gracias á labor desenrolada por Ernestina e Ángeles un dos muiños máis fermosos do concello volve á vida
Camarinas.eu recala na súa singladura xornalística nun dos lugares máis fermosos e menos coñecidos do Concello de Camariñas: os Lugares de Pedrouzo e Chandeira, na parroquia de Xaviña, un rincón bucólico e coqueto marcado polo fluir dun regato que vive os seus derradeiros intres antes de desembocar no fértil areal do Ariño. Alí, nun pequeno declive da carretera que leva a Brañas Verdes, existía dende antigo un pequeno muiño que foi construido por aquelo de aproveitar a forza das augas para moer o millo co que serían alimentadas as bestas ou cociñada a sabrosa broa. Sin embargo, chegou o día no que unha xungla de toxo e matorral adueñouse dun muiño ao que o progreso material facía prescindible. E pasaron os anos ata que aproveitando unha subvención da Xunta de Galicia, a Asociación de Veciños de Xaviña decidío contratar a dúas rapazas, Ernestina e Ángeles, para realizar diversos traballos de limpeza pola parroquia, entre eles o encargo urxente e inaprazable de proceder á recuperación do muiño e do seu entorno, prácticamente desaparecidos pola selva que os cubría. E estas dúas veciñas de Xaviña aplicáronse con tanta ilusión e gañas, ca tenacidade e forza de vontade que caracteriza ás xentes da parroquia máis extensa do concello, que ata conseguiron facer funcionar o circuito de auga que leva ao muiño. E conseguiron devolver á vida un dos monumentos máis fermosos do concello.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.