- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 30 Setembro 2007 30 Setembro 2007
Camarinas.eu está interesada por igual en todas as parroquias que conforman ese mundo informativo que se chama Concello de Camariñas. Por iso, nun esforzo sen precedentes lanzou este fin de semana todas as súas divisións mediáticas para lograr a conquista informativa da nosa querida e fermosa vila porteña. Nos arquivos olvidados e invaluables de camarinas.eu atopamos esta semana esta fermosa foto que conmemora un acontecimento histórico de gran relevancia: a conquista por un humilde pero bravo equipo dunha pequena vila que paso a paso, golpe a golpe foi eliminando do camiño a equipos moito máis importantes e poderosos para ao final gañar o título de Campeón da Copa da Costa nunha final heroica. Na foto podemos ver mesturados a xogadores e membros da directiva nunha festa totalmente xustificada: Moncho de Dios, Ricardo do Barbeiro, Italia, Pepe da Ferrala (Canillas), Pichurri, Suso do Banco Pastor (Membro da directiva), Luis do Asturiano, e un largo etcétera que fixeron posible a milagre. Un milagre que en Camariñas tardaríamos máis de 20 anos en ver.
"Con los chicos del Porteño F.C., Campeones de La Copa de la Costa 1969/70"
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.