3.7654320987654 1 1 1 1 1 Rating 3.77 (81 Votes)
Corrían as lonxanas épocas de 1993 cando dous xóvenes camariñáns con algunha que outra inquietude artística e moito tempo libre daban os compases iniciais do que ía a ser un dos poucos grupos de rock que vío a Vila das Palilleiras en toda a súa historia.  Aquela aventura musical, que tería como baixista a Oscar Vigo Barcia (Oki de Monso) e como baterías a Xavier Blanco Vázquez nun primer momento e posteriormente a Álvaro, duraría pouco máis de dous anos e deixou un puñado de cancións para o recordo, pero pasando o tempo tería o valor de constituir a primeira colaboración artística entre os que serían os Pais Fundadores, os Founding Fathers, da páxina web máis vista da historia da Costa da Morte, camarinas.eu: Diegoalfr e Zhúkov. Despois dunha longa paréntese, volve cunha forza inusitada Fotos Históricas cas poucas imaxes existentes de tan histórica asociación, as cales parecían irremediablemente perdidas para sempre ata que o cariño dunha nai, a nosa querida usuaria Guadalupe Vázquez, fíxoas surxir da nada na que esmorecían.

Crónicas de colaboración artística a historia reflexa unhas cantas, memorias exemplares de división do traballo creador. Están a de René Gosciny e de Albert Uderzo na máxica recreación das aventuras de Astérix el Galo; a de Johny Marr (música) e a de Steven Morrissey (letras) no xenial grupo británico The Smiths; as de Toshiro Mifune/Akira Kurosawa, John Wayne/John Ford, Robert de Niro/Martin Scorsese, como exemplo de compenetración cinematográfica entre actor/director; e xa no ámbito do teatro, a existente entre Konstantín Stanislavski e Vladímir Nemírovich-Dánchenko, fundadores do Teatro da Arte de Moscú (MJAT) e revolucionarios absolutos da arte escénica e dos métodos de interpretación, e sobre cuias aventuras e desventuras xa se volverá no seu debido momento.

Salvando as enormes distancias existentes e moito máis humildemente, tal vez deba adicárselle a nivel da Costa da Morte un pequeno recordo a aquela colaboración artística que surxío nas idus do mes de marzo de 1993 entre Diego Alonso Freire (música e guitarra) e Marcos Vázquez Campaña (letras e voz) e que portaba o impronunciable, irrecordable e estrambótico nome de The Third Is The Piggiest (O Terceiro é o máis Porco), en alusión ao benxamín dunha familia de tres fillos, o cal supostamente naqueles lonxanos tempos padecería a incurable enfermidade da hidrofobia. Os primeiros compases musicais do grupo terían lugar na buhardilla do edificio que a familia Campaña Blanco posúe na histórica Praza Maior de Camariñas, para máis adiante e xa acompañados por Oscar Vigo Barcia ao baixo e do noso querido usuario Xavier Blanco Vázquez á batería, trasladarse o que xa era o principal grupo de Camariñas ao baixo situado no garaxe da casa deste último, onde os sonidos envolventes e suaves do grupo repercutirían durante case dous anos. Durante este lapso de tempo, tiveron lugar as dúas primeiras actuacións do grupo: un concerto contra as drogas, organizado pola Asociación Abondou na Discoteca Jos's da Ponte do Porto dos bos tempos e o espectacular e multitudinario megaconcerto das Festas da Fervenza. A esta época inolvidable pertencen asemesmo as impecables fotos ao aire libre en plan "The Unforgettable Fire" de U2, tomadas nos arredores do agora deforestado Monte da Xesteira, en Camariñas.

Posteriormente, viñeron as épocas dos cambios. Primeiro o do sonido, máis agreste, máis guitarrero, máis dos 90 en sintonía cos grupos que naquel entón devoraban o maxín dos membros do grupo (Pantera, Stone Temple Pilots, Alice In Chains, Nirvana, etc). Segundo, o do nome,  cuestión obrigada pos puras cuestións de marketing cara ao máis simple e recordable de Ritual, tal vez en homenaxe á canción de Soundgarden, unhas das innegables influenzas do grupo. O terceiro, o do cambio de batería polo veciño da Carretera do Faro Álvaro. O cuarto e definitivo: o traslado cara á buhardilla do edificio da familia Campaña Blanco situado no Cantón da Leña. Desta época xa crepuscular son a maioría das imaxes que ilustran esta reportaxe e que foron tomadas no concerto de despedida celebrado no Pub Saloon da Ponte do Porto.

Eran outras épocas, sen tantos medios materiais e económicos. Nembargantes, un puñado de cancións (Shame, Hole, The Dream Ways, Why Was I born Man?), todas en inglés, seña de identidade do grupo, estarán para sempre no recordo dos seus creadores. así como a eterna dúbida entre o que foi e o que poido haber sido. En todo caso, ahí quedará para historia camarinas.eu, vástago lexítimo da que foi a primeira colaboración artística e cultural dos seus Pais Fundadores: Diegoalfr e Zhúkov.

P.D.: a redacción de camarinas.eu quere especialmente darlle as gracias a Guadalupe Vázquez Alvite, Lupe, gran camariñana e mellor nai, proxenitora do que foi o primer batería do grupo, Xavier Blanco Vázquez, por facer posible esta reportaxe mediante a custodia durante tantos anos dunhas imaxes que os seus protagonistas daban irremediablemente por perdidas.

Comentarios   

lucia018
+6 # RE: Fotos Historicas: The Third Is The Piggiest/Rituallucia018 17/02/2010 19:38
:lol: Ajajaja ahí mima , pero mira ves que ben esta esta noticia jajá, ahí markiños lojo que fas co cigarro na boca? jajajajaj gustabache fumar ee! Dieguiño ca chiva quen parecías jajajajaaj estón que me parto da risa, oo!!!jajaj :lol: :lol:
Responder | Denunciar ante o administrador
karina
+5 # RE: Fotos Historicas: The Third Is The Piggiest/Ritualkarina 17/02/2010 19:52
moi bonitas fotos,,,si sr,,,mima como pasa o tempo
Responder | Denunciar ante o administrador
MTCC
+9 # RE: Fotos Historicas: The Third Is The Piggiest/RitualMTCC 17/02/2010 20:06
jajajja ayq vidas !!qneme dera verbos cantar aver cando fasedes unha festiña lojo pa ir ..jajajja si señor fotos historicas..sal udoss
Responder | Denunciar ante o administrador
picosacro
-2 # Los niños Gpicosacro 17/02/2010 20:22
xdxdxddx teniais que resurgir,volver a juntaros,mirad los Beatles,saliero n de un garage,no es broma,xd.Asi que animaos chavales!,aun que ahora seguro que estais en la etapa de nuevos papis,nunca es tarde.
Gracias de nuevo por entretenernos con esta maravillosa página informativa.Has ta siempre.
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+9 # RE: Fotos Historicas: The Third Is The Piggiest/Ritualrubiasexy 17/02/2010 21:37
que juapiños e anque sijides sendo juapos epa sefa :zzz
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+6 # RE: Fotos Historicas: The Third Is The Piggiest/Ritualmantida 17/02/2010 21:49
Os anos non pasan en valde,xa volo dixen mas de unha ves ¿non teres aljo que nos podades enseñar pa que nos podamos escuitalo?, ou seria tan desajradable os nosos oidos e por eso non queredes?
A foto que mas original e a que estades na que aljun dia fui unha casa.
Responder | Denunciar ante o administrador
kinos
+8 # Arrasadeskinos 17/02/2010 22:14
:-*
Responder | Denunciar ante o administrador
Juan Camariñan
+7 # RE: Fotos Historicas: The Third Is The Piggiest/RitualJuan Camariñan 18/02/2010 11:46
Sodes la ostia en verso, si señor xa me diredes de quen era a idea de salir tan serios nas fotos, opino como a Mantida teriades que poñer unha cancion pa ver como sonavades.....A o mellor co tempo cando vos saian as canas volvedes a xuntarvos como os Panchos do Jolfrendo e arrasades por Camariñas adiante.
As noticias de recuerdos son as que mas me justan,enoraboa .
Responder | Denunciar ante o administrador
Duane Duke
+5 # RE: Fotos Historicas: The Third Is The Piggiest/RitualDuane Duke 20/02/2010 12:30
¡Ñonnnnssssssss ssa!!!...¡Eso si que eran épocas!!! :lol:

Recordo como si fora onte ese concerto que déstedes no Salon, de feito alí estábamos en 1ª línea de parrilla: Adolfo, Toncho e mais eu, medio-cheos por supuesto... :-*
Responder | Denunciar ante o administrador