Unha serie de animaliños aparacen mortos en distintos lugares de Camariñas ¿Lei de vida ou Castigo Divino?

Masacre Animal

¿Está unha peste de proporcións descoñecidas a aniquilar aos animaliños de Camariñas? ¿Acaso fixéronse os habitantes de tan antiga e renombrada vila debido aos seus innumerables pecados acreedores dun castigo divino a semellanza daquel que asolou ao Exipto bíblico e que en vez de recaer sobre o primoxénito de cada familia, recaería nos seus animaliños de compañía máis queridos ou  nos asilvestrados que se acercaran ata tal lugar maldito de Deus?  Todo o anterior vería a ser corroborado pola secuencia de seres pertencentes á fauna animal que nos últimos días apareceron mortos en distintos puntos de Camariñas e todo elo debido á conducta pecadora e inadecuada dos veciños dunha vila na que a Guardia Civil non da abasto a traballar, o que entre outras cousas, os situaría especialmente no punto de mira da ira divina.

¿Cal é o punto en común, o nexo de unión, existente entre un pobre canciño que aparece na Praia de Lingunde cun corpo con serios síntomas de descomposición e xa ca hinchazón e a cor dulzona da morte impresas na súa alma, un pobre delfín varado nas areas da Praia de Lago e ao que os corvos xa se encargaran de devorar os ollos e a carne que recubría as costelas; unha serie de inquedantes gaivotas que en vez de ir a falecer ao mar, caeron fulminadas en distintos puntos dunha terra maldita e pecadora e un lagarto de dimensións descomunais, no que a semellanza dun cocrodilo a súa curtida e valiosa pel daría non xa para uns zapatos pero sí para unhas quiobas co seu par de bellotiñas no empeine que acompañados dos ineludibles e imprescindibles calcentíns blancos tanto éxito tuveron no noso concello alá pola década dos 80?

Todo pode ser querido accionariado de camarinas.eu nuns días estranos e crueles nos que a vila de Camariñas quedou especialmente abandonada e desamparada ao castigo divino ante a ausencia por lesión física do noso querido cura-párroco Don Jesús, único ser titulado para pregar por nos ante o Altísimo e así facernos merecedores da Gracia Divina. En todo caso, outra posibilidade sería a de atoparnos ante a clásica noticia destartalada de camarinas.eu, aquela que tería os seus eixes fundadores na existencia dunhas fotos sacadas en datas coincidentes pero lugares distintos polos pais fundadores (os founding fathers) da web máis vista da historia do litoral atlántico e da necesidade de atopar unha xustificación para a súa publicación. Todo pode ser nestes días crueles e estranos

Comentarios   

rubiasexy
+2 # PENA DAN Erubiasexy 14/02/2010 11:54
MIMA QUE PENA DAN ESTES ANIMALIÑOS CHES
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+2 # RE: Animais Mortos en Camariñaslucia018 14/02/2010 12:23
Que peniña de animales,Pareci ome unha iguana pero non e.... xa foi o que me chamou atención....sal udos :-*
Responder | Denunciar ante o administrador