3.1774193548387 1 1 1 1 1 Rating 3.18 (62 Votes)

O Concello por fin escoitou as queixas dos usuarios de camarinas.eu e puxo mans á obra nas aceras de Cedeira

Unha obra reivindicada pola nosa usuaria Pión

Si algún día alguén a semellanza do célebre "Malevaje" de Carlos Gardel se decidira a adicarlle un tango á Patrulla Municipal de Obras debería chamarse "Patrullaje". Incluso ao mellor, reeditando viejos fueros rockeros, a compoñen estes dous redactores que o presente subscriben. ¿Quen sabe? En todo caso, sería unha oda necesaria: xusta e necesaria. Como ineludible era tamén a obra das aceras (beirarrúas que din en galego normativo) da Avenida de Cedeira que un día ahí quedaron a medio gas e ninguén se volvío a acordar delas. Ata o día de hoxe, no que operarios do Servizo Muncipal de Obras puxéronse a demoler o piso de cemento que existía para poñer un novo e que así as losetas agarren mellor.

¡Ah, unha obra tan reinvindicada pola nosa usuaria Pión! Unhas aceras polas que luchou tanto están a piques de ver a luz. Si os nosos chavales da PMO (Patrulla Municipal de Obras) teñen o día, queridos usuarios, esa obra vai quedar como un patena. ¡Unha obra digna de recordarse! Porque en ocasións son un pouco como aquel xenial xogador do Celta de Vigo, Mostovoi, que igual tiña días nefastos (Gijón, Estadio de El Molinón, actuación sobreactuada de Pachi Salinas de por medio) ou poñía Balaídos boca abaixo con calquera das súas delikatessen. En todo caso, a semellanza duns celtistas que non olvidamos os seus días de gloria, os nosos chavales poñerán todo da súa parte para deixar unha obra para a historia. Desas que pasan 20 anos e vas e dis cun deixe de admiración: ¡¡pos si señor, que tíos!!

Comentarios   

Pion
+2 # RE: Construccion de Aceras na Avenida de CedeiraPion 11/02/2010 21:03
xa era hora o que fixeran esa asera despois de casi 2 anos abandonada como di o refran mais vale tarde ca nunca ahora toca poñer pasos de peatons nesa misma calle
Responder | Denunciar ante o administrador