- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 08 Febreiro 2010 08 Febreiro 2010
Este martes 9 de febreiro de 2010 impartirase na Casa de Pedra de Camariñas unha charla-coloquio sobre o interesante tema da nutrición e hábitos alimentarios que será dirixida pola asesora nutricional e usuaria de camarinas.eu Fabiola Dios Canosa coa axuda de dous técnicos expertos nestas materias. A nosa dietista camariñana posúe unha clínica de nutrición na cidade da Coruña e gran parte do seu traballo céntrase en dar este tipo de conferencias e charlas en diferentes pobos e cidades nas cales se enchen as súas salas para escoitar os sabios consellos alimentarios da nosa Fabiola. En fin, unha boa iniciativa dunha xoven emprendedora camariñana que seguramente congregará a moita xente este martes as 18:00 horas na Casa de Pedra (ainda que non haxa pinchos...). Pulsa na imaxe para ler a nota de prensa que nos mandou a nosa usuaria Fabiola Dios Canosa.
Nota de prensa de Fabiola Dios Canosa
"O próximo martes día 9 de febreiro as 18:00 horas terá lugarna Casa da Pedra unha conferencia sobrenutrición.
A Conferencia será impartida por Fabiola Dios Canosa, Asesora Nutricional, que contará ca colaboración de dous técnicos en dietética e nutrición, Cristina Ochoa Pedreira e Miguel Angel Rosende Suero, que resolverán todas as dubidas que se plantexen.
Trataranse temas de actualidade como a importancia de beber auga, a calidade dos alimentos que nos atopamos no mercado, sobrepeso e mala Nutrición.
O rematar todos os asistente recibirán de valde un Estudo de Hábitos alimenticios, medición de IMC (índice de masa corporal) e % de graxa corporal.
Fabiola Dios Canosa
661 195 292
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.