A futura praia de Camelle

Un camión deposita na praia de Camelle as areas limpas procedentes do dragado da súa dársena
Un camión deposita na praia de Camelle as areas limpas procedentes do dragado da súa dársena

Nun día radiante, pleno de sol e luz, camarinas.eu decidío achegarse ata Camelle para comprobar o curso de dúas obras paralelas pero complementarias. En primeiro lugar, e tras faraónica construcción do porto exterior, estase a levar a cabo o dragado da dársena que conlevará o aumento do calado no borde do muelle vello. A area que recolle unha vella pala é apilada nun terreno ao lado do polideportivo municipal mentras que a recuperada pola draga Beatriz María é depositada na praia de Camelle xa no ámbito da segunda das obras en cuestión: a dunha rexeneración da praia ca intención de facela máis atrainte para o turismo. O caso é que a Asociación A Pergoliña andaba non moi contenta ca forma na que a empresa adxudicataria da obra, Construcciones López Cao, estaba a levar a mesma pola formación dunha serie de impresionantes gavias, cicatrices a ceo aberto, que cruzaban o areal ca auga procedente das abundantes chuvias invernais. Finalmente, as denuncias surtiron efecto e unhas tuberías subterráneas canalizarán estas indesexadas augas cara ó mar. Como no verso de Jorge Manrique: "Nuestras vidas son los ríos que van a dar al mar...".

Comentarios   

luis1
-3 # RE: Dragado do Porto de Camelleluis1 04/02/2010 08:04
Un 10. Otra playita mas para disfrutar de ese lugar tan estupendo. saludos a todos y todas.--------- ------ luis
Responder | Denunciar ante o administrador