3.6190476190476 1 1 1 1 1 Rating 3.62 (84 Votes)

A seguridade para os viandantes queda anulada polo estado en que se atopan as obras

Un mes de paralización...¿por que?

Fai cáseque dous meses, un 23 de novembro de 2009, Camarinas.eu publicaba na súa portada os inicios das necesarias obras de remodelación da transitada Rúa O Areal de Camariñas. Despois duns cantos días de traballo por parte da empresa contratista vimiancesa Construcciones Cernadas deixouse abandoada por máis dun mes, no estado que todos podedes ver cando pasades por esta importante vía camariñana, sin saber nadie moi ben o por que. O caso é que as autoridades municipais deberían ter en conta que unha rúa destas características, tan vital para os abundantes establecementos comerciais da zona, debería ser realizada coa máxima celeridade posible e sin remaches ou cambios de última hora que levan a que os traballos se demoren durante meses. Sin olvidar o serio risco de accidentes persoais que supón ter a rúa neste estado. Moitos foron os veciños que se acercaron a informarse á esta redacción polo motivo desta desesperante paralización e desta redacción se marcharon como viñeran porque nós tampouco o sabemos nin temos liña aberta co olimpo municipal. Pero o que si podemos facer  en Camarinas.eu, unha web imparcial e sin intereses políticos, é publicar a voz e as queixas dos veciños para que cheguen a onde teñen que chegar.

 

Comentarios   

kinos
+1 # RE: Obras na Rua o Areal Paralizadaskinos 23/01/2010 18:28
e unha vergonza q ainda siga asi esta calle :o
Denunciar ante o administrador
Pion
+1 # RE: Obras na Rua o Areal ParalizadasPion 23/01/2010 18:39
en camariñas sabense cando empesan as obras pero nunca cando acaban,porque leban 2 anos polo menos unha asera que vai desde muebles sambade hasta a casa de miña nai sin acabar e empesan outras obras asi vai españa jodida,a e de paso queria recordarlle o señor alcalde que dixo que miraria o dos pasos de peatons e creo que non fixo nada pois ojala que non pase nada,un saludo chicos e vo fin de semana
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.