5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Este Sábado no Disco Pub La Oca de Camariñas comezará o esperado "Maratón de DJ´s da Costa da Morte"

Cartel do maratón de DJ´s Costa da Morte
Cartel do maratón de DJ´s Costa da Morte
O Maratón de DJ´s da Costa da Morte celebrará este sábado a súa primeira fase na Disco La Oca de Camariñas. Este campeonato durará tanto como participantes haxa. De momento xa hay 5 DJ´s confirmado. Para inscribirse no devandito concurso podedes chamar ao 981 73 73 54 - 981 73 73 47 ou mesmo na web da Disco La Oca (www.discolaoca.com) Tamén podes pedir información no seguinte correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

As 00:30 do sábado tes unha cita para comprobar o actual estado da música house, dance, latino, etc.. da nosa bisbarra. Non te perdas este acto. A organización espera que se congreguen na Disco La Oca os mellores e máis sonados platistas do momento na Costa da Morte. Os DJ´s Camariñáns xa quentan motores e creemos que están chamados a ser os mellores deste maratón. Sorte a todos os participantes e non volo perdades

Para ver as bases do concurso pulsa en "Ler máis.." 

As bases do concurso son as seguintes:

  • Todos os concursantes deben de ser maiores de 18 anos
  • As mesas de mezclas e os reproductores de CD´s serán os mesmos para todos os participantes.
  • Cada DJ traerá consigo a súa propia música e terá que conquistar aos asistentes.
  • A votación farase en dúas partes: no mesmo local do Oca e mediante votación en internet na páxina web oficial da Disco La Oca
  • Os resultados das dúas votacións faranse públicas o Xoves seguinte ao desafío musical.
  • Calqueira aclaración falar con Óscar Freire (981 73 73 54) ou Diego Alonso (981 73 73 47). Estamos ao voso servizo. 

Os premios serán os seguintes:

  1. Premio acreditativo de "Mellor DJ da Costa da Morte" e uns auriculares profesionais de Dj
  2. Premio acreditativo de "2º Mellor Dj da Costa da Morte" e unha cena para dúas persoas no Restaurante Arnela de Camariñas
  3. Premio acreditativo de "3º Mellor DJ da Costa da Morte" e un lote de consumicións na Disco La Oca.

Comentarios   

dani
+1 # RE: Primeiro Maratón de DJs Costa da Mortedani 27/09/2007 14:56
todos a tape
Responder | Denunciar ante o administrador
dani
+1 # RE: Primeiro Maratón de DJs Costa da Mortedani 27/09/2007 14:59
todos a topeeeeee
Responder | Denunciar ante o administrador