3.8791208791209 1 1 1 1 1 Rating 3.88 (91 Votes)
Esta venres 27 de novembro sobre as 9 e media da mañá a redacción de camarinas.eu recibía a chamada sobrecolledora dun usuario desta web que anunciaba estrepitosamente que o Leixón, barco propiedade do noso querido amigo Jesús Pensado Suárez e con matrícula 3ª CO-5-007-93, estaba a sufrir unha grave vía de auga en pleno porto de Camariñas e que o seu afundimento era inminente.  Ao momento dirixímonos ata o porto de Camariñas, concretamente a zona do espigón e alí xa vimos que o barco, en trámites de traspaso aos fillos do propietario, estaba completamente afundido. Ao parecer a embarcación viña de faenar polas proximidades da costa de Camariñas e sofreu un trance cando se lle abrío unha vía de auga co que, a toda máquina, regresaron a porto axudados por outra embarcación, dándolle tempo soamente de salvar os aparellos. Pulsa na imaxe para ver un video do naufraxio do Leixón no porto de Camariñas.

Engadir un comentario