Por un día un nevado Coído do Castelete semellou calqueira das praias do Océano Glacial Ártico
Por un día un nevado Coído do Castelete semellou calqueira das praias do Océano Glacial Ártico

Léramos hai uns días nunha importante web conservadora de ámbito nacional que todo esto do cambio climático era un timo, cuestión que en privado supostamente recoñecerían os promotores de tal ideoloxía nunhas conversas que saíran á luz pública, pero ao final chegamos á conclusión de que tal medio debía estar errado porque cal foi a nosa sorpresa ao chegar este domingo a así chamada "Pista de Alonso" e atoparnos cunhas praias nevadas que recordaban ao Mar Blanco. A paisaxe invernal típica da Península de Kola, da República de Karelia, das Illas Solovkí ou da cidade portuaria de Arjánguelsk transmutada por un día debido aos efectos do cambio climático á Praia do Castelete. Pero non, tamén nos estábamos errados, xa que era a espuma marina que a terrible surada iniciada o emblématico 20N depositou durante tres días en todo o litoral que acompaña a unha senda que rinde a xusta e necesaria homenaxe ao político máis importante da historia deste concello segundo  decidío masivamente o electorado de camarinas.eu nunha encuesta histórica. Polo tanto, a cuestión do Cambio Climático sigue aberta.

{multithumbs}

Comentarios   

Beldoña
0 # Beldoña 25/11/2009 17:55
Vós non me creíades,cando nún dós meus relatos titulado Naufraxio,relat aba como unha tremenda surada, alá polos anos cincuenta,cubrí a de copos brancos ós campos de Leis voando, atolondrada, por riba dó Castelo i crusando á nosa ria,chejou á sementar de vranco á outra banda,semelland o copos de neve...Pos xá á tendes de novo,pero desta ves,con menos intensidade que aquela que eu describo.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 25/11/2009 21:45
Mas que neve parese espuma ou sal.
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # lucia018 25/11/2009 22:09
Ai bender apunto de Caer o mar quelanse...
Responder | Denunciar ante o administrador