3.375 1 1 1 1 1 Rating 3.38 (48 Votes)

Formigón impreso na Rúa do Areal

Este luns comenzaron as obras que darán un novo aspecto a unha das principais rúas de Camariñas
Este luns comenzaron as obras que darán un novo aspecto a unha das principais rúas de Camariñas

Nesto estábamos tranquilamente aquí na tiendiña de fotografía anteriormente coñecida como Foto-Alonso cando se empezaron a oír uns terribles topetazos xusto ao noso carón e cal foi a nosa sorpresa ao ver que unha pala da empresa de construcción Cernadas SL daba o comezo oficial ás obras de Reforma das Vías Interiores de Camariñas.  Pero algo xa nos debíamos haber cheirado ao ver a semana pasada como eran depositadas cáseque enfrente do Bar José Manuel aquelas enormes tuberías de cor laranxa que se pasaron uns bos cuantos meses tiradas alá en Buría, xunto enriba do DIA. Porque nestas obras non só se levará a cabo a pavimentación do firme da Rúa do Areal no tan amado e odiado a partes iguais formigón impreso, senón que se realizarán unha serie de novas canalizacións de augas pluviais, dando unha continuidade estética dende a fachada marítima ata Buría a todas as principais vías interiores da Capital Municipal. Pulsa na imaxe para ver unha galería fotográfica do 1º día de obras.

 Obras na Rúa do Areal

Nesto estábamos tranquilamente aquí na tiendiña de fotografía anteriormente coñecida como Foto-Alonso cando se empezaron a oír uns terribles topetazos xusto ao noso carón e cal foi a nosa sorpresa ao ver que unha pala da empresa de construcción Cernadas SL daba o comezo oficial ás obras de Reforma das Vías Interiores de Camariñas.  Pero algo xa nos debíamos haber cheirado ao ver a semana pasada como eran depositadas cáseque enfrente do Bar José Manuel aquelas enormes tuberías de cor laranxa que se pasaron uns bos cuantos meses tiradas alá en Buría, xunto enriba do DIA. Porque nestas obras non só se levará a cabo a pavimentación do firme da Rúa do Areal no tan amado e odiado a partes iguais formigón impreso, senón que se realizarán unha serie de novas canalizacións de augas pluviais, dando unha continuidade estética dende a fachada marítima ata Buría a todas as principais vías interiores da Capital Municipal.

Engadir un comentario