3.7692307692308 1 1 1 1 1 Rating 3.77 (91 Votes)
A presencia anónima e espectral de Mister X na única imaxe coñecida do gran Superheroe Camariñán
A presencia anónima e espectral de Mister X na única imaxe coñecida do gran Superheroe Camariñán

O Lixo dos Mil Camiños

Érase unha vez un barrendeiro ad hoc do exército veraniego municipal. Un transeúnte descuidado que por aquelo de quedar ben lle fai unha pregunta: ¿Qué, muita basura? Entón a resposta inapelable, contundente, inesperada, preñada de frustración e descontento: ¿Basura? ¡Basura, claro que hai muita! Hai basura polo chan, polo aire, polos corpos, ...¡polas cabesas! Das lapidarias palabras do sabio operario camariñán pode dar fe Mister X, que tras un rastrexamiento intensivo puido comprobar como lixo de tódolos colores e formas se apodera dos camiños, cunetas e arredores dos sufridos contenedores municipales, e que desafiando a ira das autoridades democráticamente constituidas e emulando o xenio pictórico de Velázquez na súa máis grande obra maestra, "Las Meninas", remite a esta redacción un autorretrato al óleo con fondo de espello, a única imaxe coñecida do gran Superheroe enmascarado camariñán.

¿Que secretos ocultos, que enigmas recónditos anidan na alma atormentada de Mister X? ¿Cal foi o leit-motiv, o tour de force desencadeante de que o gran Superheroe enmascarado camariñán se decidise a botarse literalmente ao monte, a semellanza daqueles curas trabucaires das Guerras Carlistas? A presencia espectral de Míster X, cal fantasma da ópera redivivo, percorre os camiños que circundan o centro urbano de Camariñas agochando un drama persoal tras unha capucha anónima que o fai irrecoñecible para o común do pobo que está chamado a salvar. A salvar de si mesmo.

Cartos negros que se blanquean mediante cambios literales de habitacións, cociñas, salóns enteiros que provocan un ciclo vital recurrente que cobra o seu tributo, un eterno retorno nitzcheniano, que fai que en quince, vinte anos ese flamante mobiliario doméstico de estreo acabe tirado nunha cuneta, nun camiño abandoado ou como pasaxeiro compañeiro sentimental dun dos nosos maltratados contenedores municipais. Cash contante e sonante que embutido en caixas de zapatos a rebosar en mueblerías de ocasión cobra curso legal. O ciclo da vida sigue o seu curso en Camariñas.

{phocagallery view=category|categoryid=392|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Comentarios   

MTCC
+2 # RE: Mister X: Lixo nos CamiñosMTCC 11/11/2009 23:11
cando qeira amueblar a casa xa sei onde teño os trastes todoss,,jajaja
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
-2 # RE: Mister X: Lixo nos Camiñoslucia018 11/11/2009 23:34
jajajajaj,,,,,a y q mayte pos si e despos din que non hai cousas pas lumareas cando e de carrexar jeje...Mira si non hai de abondo por ahi adiante...pero hai que recorrer o pueblo como MISTER X jeje
Responder | Denunciar ante o administrador
toxo
-2 # RE: Mister X: Lixo nos Camiñostoxo 12/11/2009 14:45
LA PALABRA RECICLAR NO APARECE POR AHI.
COMO DATO CURIOSO LES PUEDO DECIR QUE UN ESPEJO DE LAS MISMAS CARACTERISTICAS QUE EL DE LA FOTO,PUEDE COTIZARSE EN UNOS 300 O 350 EUROS EN UNA CASA DE ANTIGÜEDADES.

MUY BUENA LA PUBLICIDAD DE MUEBLES SAMBADE....JUAS SSSSSSSS
Responder | Denunciar ante o administrador