3.5531914893617 1 1 1 1 1 Rating 3.55 (47 Votes)

Cartel  promocional do 1º Campeonato de Futbolín organizado polo Bar Pincho da Ponte do Porto
Cartel promocional do 1º Campeonato de Futbolín organizado polo Bar Pincho da Ponte do Porto

O 1º Campeonato de Futbolín organizado polo Pub Pincho da Ponte do Porto xa está aquí. Despois da gran cantidade de festas e actos realizados por este emblemático local porteño ao longo do ano a xerencia do Pincho comeza a preparar todas as actividades que terán previstas para estas navidades e final de ano 2009. E empezan organizando un espectacular campeonato do deporte preferido polos chiquiteros e asiduos clientes do local de moda na Ponte do Porto: o futbolín. Toda aquela parexa de xogadores que queira inscribirse neste torneo pode facelo chamando ao  652 52 83 94 (Iván) ou visitando o Pincho calqueira día da semana. A cuota de inscripción está fixada en 20 euros por parella e os premios serán, a parte dun trofeo para os tres primeiros, unha espectacular suma de diñeiro que dependerá do número de participantes. En fin, camarinas.eu informará periódicamente do que aconteza neste 1º Gran Campeonato de Futbolín no Bar Pincho da Ponte do Porto.


Engadir un comentario