3.1153846153846 1 1 1 1 1 Rating 3.12 (52 Votes)
Este domingo 8 de novembro a eso das 12 da mañán reuníanse en Xaviña, concretamente nas obras da rúa do Sixto, o Alcalde de Camariñas Pichurri, o constructor responsable da obra Antonio Fernández Pereira e o ingeniero redactor do proxecto Juan Carlos Canosa Marcote. O obxectivo de dita reunión era o de comprobar in-situ os últimos remates na mellora viaria da Rúa do Sixto enclavadas dentro do Plan-E do goberno central e promovida polo Concello de Camariñas. A mellora sustancial desta calle transversal xaviñana resulta evidente xa que ésta ancheouse de forma considerable mellorando o tránsito dos coches por esta concurrida vía xaviñana.

Os valados e accesos das casas e hortas tamén foron feitos novos case na súa totalidade así como os accesos a hortas e cabanotes destacando neste aspecto a colaboración de caseque todolos veciños. O piso desta calle está realizado en pavimento pulido pola empresa soneirana HORMIPASA a cal utilizou unha nova capa de resina que non é esbaradiza paliando desta forma os sucesivos problemas que este tipo de material producía en outras calles realizadas de forma similar. En fin, a obra do Sixto orzamentada en 174.455,06 euros está xa caseque rematada e podes comprobalo na amplia galería de fotos que che ofrecemos dentro desta noticia.

Comentarios   

MADRILEÑO
+1 # MADRILEÑO 09/11/2009 18:51
BOAS,so bon dar a miña opinion (sempre persoal,por suposto),creo ke ese tipo de pavimentos non son axeitados pra morfoloxia do noso clima,nin tan siquera cambiando a composicion da ultima capa de resina,pois non deixa de ser unha capa dun polimero ,moi finiña por certo, ke en catro dias mesmo polo uso cotidian volvera a ser tan esvaradiza coma os anteriores pavimentos utilizados nas ruas de camariñas;nas urbanizacions de castela, xa fai uns aniños ke se utiliza,demostr ando a sua ineficacia para un uso intensivo,a par que me parece un verdadeiro atentado a vista ,sempre tendo en conta ke hay alternativas tamen viables,(aunque salan un pouco mais caras a priori)como por exemplo o enlouzado con pizarra sairia caro, pero faceriase unha vez sola!!.
por favor,deixade de vendernos tanto cemento,AUNQUE SEXA PINTADO,E CEMENTO!!


ALFONSO,( o madrileño)
Responder | Denunciar ante o administrador
TOÑITO
+1 # TOÑITO 10/11/2009 18:18
XA ERA HORA QUE FISERAN ALGO POR XAVIÑA MENOS MAL
Responder | Denunciar ante o administrador
Sarrià
+1 # Sarrià 11/11/2009 21:07
Personalmente, a min non me gusta e o máis triste é que o final non se arreglou nada (Pepe seguirá atrancando o camiño co valume, os que non deron NADA atrancaran o paso porque agora sique poden levar o coche hasta a porta, a javia que ven da Torre sigue aberta, o cabaso do Grille sigue en pé hasta que pase unha desgracia (porque antes polo menos non te podías arrimar), os que deron medio rueiro aínda non se lle metiu a entrada para entrar na casa).
Con diferente color, pero todo sigue igual ou peor.
Non sei, o que queira ver cartos invertidos doutra maneira, que se desplace a Olveiroa (Dumbría) donde se fixo unha actuación moi parecida, e despois xulgade vos mismos. Donde antes non había nada e moitas casas estaban abandonadas, ahora teñen un albergue de peregrinos, dous bares, unha casa rural, un restaurante en vistas, os veciños están arreglando casas en ruinas,etc. Claro exemplo de ideas claras e de porqué un de bigotes leva casi 28 anos (se non son máis) no cargo.
Responder | Denunciar ante o administrador