¿El viento se llevó lo qué?

As aspas dalgúns muiños eólicos totalmente dobradas polo vento só esperan o momento de derrumbarse

Estaba  a mítica "Lo que el viento se llevó" film dirixido por George Cukor en 1939, protagonizado por Clark Gable e Vivien Leigh e que se convertío no máis famoso de tódolos tempos. Pero tamén estaba a mui respetable "El viento se llevó lo que" película arxentina de 1998 que incluso chegou a gañar a Concha de Ouro do Festival de Cine de San Sebastián. O que un día vai levar o vento polos aires con serio risco da vida dos veciños que se acercan a pasear polo Parque Eólico do Vilán son unhas derruidas aspas que abanean ao ritmo dos temporais dunha forma entolecida. As xóvenes parexas (e non tan xóvenes) que se acercan nos seus utilitarios ata tan apartado lugar nas madrugadas dos fins de semana para quentarse como é debido tamén corren serio risco de que sexan cortadas en seco as súas artes amatorias. O caso é que o lamentable estado no que se atopaban algúns dos muiños eólicos do Parque do Vilán xa foi denunciado por camarinas.eu nunha noticia publicada o 06/09/2009, e que sen dúbidas contrasta ca máxima seguridade que impera en centrais nucleares ou térmicas mentras que das eólicas vellas de Camariñas ninguén parece querer facerse cargo e agonizan no máis terrible dos abandonos...

Noticias relacionadas

Comentarios   

toxo
0 # toxo 05/11/2009 17:06
en el paramo ventoso del villano
el molino sucumbe por los vientos
doblado cual si fuese por la mano
del eolico dios que lo aborrece.
Responder | Denunciar ante o administrador
MADRILEÑO
0 # MADRILEÑO 05/11/2009 23:25
isto obedece a o gran raciocinio ke temos a raza humana,cando ¡¡TEMOS ALGO BON,vamos e... o JODEMOS!!!