3.8780487804878 1 1 1 1 1 Rating 3.88 (82 Votes)

Os vellos tempos dos lugares de Buría

Non lonxe do fogar de Manuel Romar Vázquez, no Lugar de Riás, Chencho escolle o millo para encabazalo

Non lonxe do fogar de Manuel Romar Vázquez, no Lugar de Riás, Chencho escolle o millo para encabazalo

Lamentablemente será algo que xa non poderá ver máis Manuel Romar Vázquez, tristemente falecido aos seus 88 anos. Como os cabazos dese universo colectivo chamado Buría se van enchendo á caída da folla co producto da ancestral recollida do millo. Cabazos do seu querido Lugar de Riás, do Cotro, de Pións, Mourín, Cabreira... Tradicións chamadas a desaparecer a mans dunha modernidade implacable e baleira. Tradicións antigas como a da nai do finado este 4 de novembro de 2009, Estrella de Cándido, a máis célebre repoñedora de osos de Camariñas cun poder e unhas mans sabias e milagreiras que atraían a mancados de toda a comarca, chegando  a noticia da súa sabiduría sanadora ata as xentes da lonxana Santa Comba. Pero mentras os representantes dos vellos ritos e costumes de Buría sigan en pe e non abandonen este mundo pecador e corrompido, os batallóns que integran o laborioso exército burián seguerán á caída da folla en estado de máxima movilización na hora vital da recollida do millo. Manuel Romar Vázquez, Descanse En Paz.

Comentarios   

Peteke
+1 # Peteke 04/11/2009 13:19
Non só a Sta. Comba chegou a sona da miña bisavoa,incluso o Real Madrid,descanse en paz,case un ano despois da súa irmá Estrella Romar Vázquez,vuela Estrella pa min,que nunca nunca onde queira que estee a esquencerei nin a vuelo Antón.
Xentes da lareira,do lume no pote das vacas,de cociñar con leña e das partidas da virisca os domingos as tardes,en fin xente sinxela,humilde e cariñosa.Como diria a nosa querida Rosalia..
Adios gloria,adios contento,
deixo a casa onde nacín,
deixo aldea que conoso,
por un mundo que non vin,
deixo amigos por estranos,
deixo a veiga polo mar,
deixo en fin canto ben quero,
quen poidera non deixar...
Responder | Denunciar ante o administrador
seran7989
0 # seran7989 04/11/2009 15:13
E sabe Dios a que mas sitios,porque eu fun varias veses a xunta Sr Manolo,como antes tamen a sua nai,e el ten contado muitas anecdotas,como a dunha alemana que caera en Reira e leváronna a recompoñer alí.D.E.P,Sr Manolo.
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # D.E.PMikel 04/11/2009 15:20
Eu tamén me uno a dar o pésame á familia do Señor Manolo,como ben din os pareos de Peteke,home das lareiras de sempre,traballa dor,honrado e moi atento cos veciños,obsequi ando calabazas e moitos detalles máis cos nenos...dunha familia exemplar e mitica na nosa aldea...Descans e en Paz Señor Manolo
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 04/11/2009 17:58
D.E.P Don MANUEL ROMAR VAZQUEZ que, eínda que,ná sua humilde vida de labrego, non chegou a gozar dá fama dá sua nai Dña ESTRELLA DE CANDIDO,non por eso, fui menos importante.Ó seu traballo humilde e noble, como ó de tantos e tantos persoaxes anónimos, enaltecen á sua labor nesta vida.
Dña ESTRELLA, muitas veces, amañoume ós meus osiños descompostos polos pasos mal dados nós meus xogos de rapaz. Ó propio médico daquel entón, DON TOMAS ARTAZA, mandaba él mismo ós seus pacientes,inclu sive ós seus propios fillos, para que aquela sabia muller, amañara ó que a propia Ciencia, non sabia.

Unha aperta á esa familia
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 04/11/2009 18:46
Fomos muitos os que chejamos a xunta de señora estrella para que nos arrejlara un pe ou un man,exselente señora.
A toda sua familia o meu sinsero pesame.Señor Manolo D.E.p.
Responder | Denunciar ante o administrador
carretera do faro
0 # D,E.P.carretera do faro 04/11/2009 19:31
ONOSO SINSERO PESAME A FAMILIA DESEÑOR MANOLO,QUE DIOS O TEÑA DA GLORIA,CARMEN DO ITALIANO,E FAMILIA,D.E,P
Responder | Denunciar ante o administrador
pouso
0 # pouso 04/11/2009 22:34
o noso mais sentido pesame a familia de sr manolo D.E.P.
Responder | Denunciar ante o administrador