- Escrito por diegoalfr2 diegoalfr2
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 30 Outubro 2009 30 Outubro 2009
Estado das obras na Avda. Juan Carlos 1º

As maquinas e camións da empresa camellana Casal entullan as tuberías nas proximidades do Snack
Esta mañá a redacción de camarinas.eu dirixíase a comprobar o estado no que se atopan as importantes obras que se están a realizar na Avenida Juan Carlos 1º e que forman parte das actuacións do "Plan E" estatal que están a ser executadas no Concello de Camariñas. Alí pudemos observar como se estaban a canalizar tanto as augas residuais que irán a parar á nova depuradora camariñana como as augas limpas recollidas nos tellados das casas e dos sumidoiros enclavados nas rúas. En xeral vese que as obras transcorren a bo ritmo e parece que se rematarán según o previsto.
Entre tanto, en camarinas.eu decidimos publicar unha nova enquisa na cal o pobo camariñán terá a oportunidade de mostrar a súa vontade con respecto á obra que debe ter máis prioridade para completar a actual fachada marítima de Camariñas. Esta enquisa está situada na marxe dereita da web. Pulsa na imaxe para ver unha galería de como transcorren as obras na Avenida Juan Carlos 1º de Camariñas.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.