4.0813008130081 1 1 1 1 1 Rating 4.08 (123 Votes)

O Director Xeral de Patrimonio comprobou de primeira man o novo e fantástico aspecto que luce o noso Castelo

O Director Xeral de Patrimonio comprobou de primeira man o novo e fantástico aspecto que luce o noso Castelo

Visita do Director Xeral de Patrimonio ao Castelo

Este mércores 28 de outubro de 2009 aconteceu en Camariñas algo que non sole ser mui común, xa que nada máis e nada menos que o mesmísimo Director Xeral de Patrimonio, José Manuel Rey Pichel, visitou por iniciativa propia as ruinas do Castelo do Soberano. Eran as horas que antecedían a un solpor que dende o occidente viña anunciándose cando chegaba ao Castelo unha comitiva formada por Juan José González Soto, actual propietario do Castelo e dos terrenos que o circundan; o Director Xeral de Patrimonio; o Alcalde camariñán Pichurri; Daniel Rego González; o artista e profesor universitario Antón Sobral e dúas xóvenes arqueólogas.

José Manuel Rey Pichel chegaba a Camariñas procedente de Camelle onde quixo comprobar persoalmente o estado actual da obra arquitectónica e escultórica de Manfred Gnadinguer que esmorece no máis absoluto dos abandonos cando, tras unha comida no Restaurante Chalana, decidía acercarse ata Camariñas. Xa no Castelo confirmou que as vitais e necesarias labouras de limpeza do recinto non plantexarán maiores problemas sempre que se fagan a través dos cauces legais, esto é, a través do Concello quedando para actuacións posteriores unha posible e hipotética restauración do Castelo do Soberano, desexo tan querido por tódolos camariñáns, aquel de que a nosa derruida fortaleza volva a reinar sobre os mares.

{phocagallery view=category|categoryid=347|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}



 

Comentarios   

gelinita
+1 # gelinita 29/10/2009 12:35
O mais normal é q patrimonio permita sejir limpiando o castillo. Xa se ve nas fotos claramente q as ruinas quedan muito mellor sin toda a merda q había tapandoas (que bonita é a limpiesa).
De todo corasón espero q permitan unha restaurasión do castillo e así poder disfrutar del despois de tantos anos.
Ánimo a Soto e a sejir pa diante
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+1 # lucia018 29/10/2009 12:52
Eu tamen anduben onte por hay, mirando e ah verdad que da gusto ….
Eu temen espero que o deixen restaurar por que daría gusto ver algo mas no pueblo!
Así que moitos ánimos soto e espero que todo sala ben!
Responder | Denunciar ante o administrador
duquesa
+1 # duquesa 29/10/2009 13:32
EU TAMEN ESTON DACORDO QUE LLE DEIXEN LIMPIAR O CASTILLO E ESPERO QUE NUN FUTURO LLE DEIXEN RESTAURALO.E ADEMAIS CON UN POUQUIÑO QUE SE LIMPIOU XA HAI FORMA.
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
+1 # Mikel 29/10/2009 15:09
Fai unha cuarentena máis ou menos,nacia unha persoa en Camariñas que se foi concienciando ca historia e lendas do noso pobo...a súa mente enriquecida en asuntos deste tipo,vio como pasaban os anos e seguramente non entendia como os toxos podian comer a nosa lenda,historia, as nosas raices......nad ie politicamente falando se interesou o máis minimo por asuntos desta índole e no dia de hoxe un particular,veci ño,Camariñán,e nunca mellor dito,propúxose un reto...adquirir unhas ruinas e intentar darlle figura real,un soño de moitos de nós por non dicir da maioria....!!!Q ue teñas moita sorte Soto neste proxecto e ojalá non atopes moitas trabas para poder desarrollar o que tes en mente e non teñamos que ver un Nin fajo,nin deixo faser....e que recibas todos os apoios necesarios,mora les e económicos para facer un soño realidade...... ..Sorte campeón........ un saludo á familia
Responder | Denunciar ante o administrador
XTroiano
+1 # A Bateria do SoberanoXTroiano 29/10/2009 16:27
camariñan que se precie está dacordo con que se rehabilite o noso castelo. Digo noso porque anque teña un particular os papales, antes Pardiñas agora Soto; dicir que o castelo é patrimonio de todos e sobre todo, de tódolos camariñans ademais de estar declarado BIC ( Ben de Interese Cultural) dende o ano 1945.
Fai anos, cando empezaron coas escolas taller, propuxéralle o nefasto alcalde anterior que pidira unha escola taller de canteria e así poder rehabilitar o castelo mentras se aprendia un gran oficio; dicir que o anterior dono cedíao se se facia coa idea de rehabilitalo e incluso pensaba donalo, bueno , pois a contestacion dese alcalde foi: estás tolo, eso é inviable, fan falta moitos cartos, etc,etc. Bueno, pois un particular anos despois pensa en rehabilitalo sen axudas de escolas de canteiros. Espero que esa sexa a súa idea, a de rehabilitalo porque o mundo está cheo de bos benefactores e boas pretensions ainda que despois, estas boas pretensions vólvense en autenticos desastres porque non todo era como se pretendia. Como digo, espero que se rehabilite dacordo a como se ten que facer e non como un queira facer, porque despois xa nos teriamos que lamentar como estamos lamentando todo pobo dende fai máis de setenta anos da gran desfeita do noso Soberano.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # Beldoña 29/10/2009 16:28
En buenas manos cayó nuestro Castillo.En unas manos emprendedoras y con visión de futuro.Ojalá que todos tus proyectos te salgan bien y recibas las ayudas necesarias para llevarlos a cabo y podamos dusfrutar de este hermoso patrimonio de Camariñas,para disfrute de todos.
Ah! ,una idea,por si quieres tenerla en cuenta:PIDE que,cuando llegue el momento,esos cañones que no sabian qué hacer con ellos,vuelvan a su sitio primero.
Un saludo,amigo,SOTO.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
toxo
+1 # toxo 29/10/2009 17:45
se han guardado fotografias de epoca donde se lo podia ver mas completo???
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # mantida 29/10/2009 21:12
Totalmente de acuerdo contijo Beldoña, e que pena que cando se fixeron todos os paseos as pedras que foron do castillo non foran devoltas po seu destino.
Que aproben todo que teñan que aprobar que non se vai faser unha sentral nuclear, xa esta ben que busen tanto de todos nos.
Responder | Denunciar ante o administrador
MTCC
+1 # MTCC 29/10/2009 22:53
espero q mui pronto ye deixen restaurar o castillo..xa asi limpo da justo ver esoo imajinadebos con el restauradoo ten q ser unha pasadaa..animo soto
Responder | Denunciar ante o administrador
kecho
-1 # kecho 30/10/2009 10:29
Sr Soto "CAMARIÑAN DO ANO"
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
+1 # jose de marta 30/10/2009 22:14
Muitos saludos soto e muita suerte e que todo che sala perfecto que ti o mereses.
Responder | Denunciar ante o administrador
currodetras
+1 # currodetras 31/10/2009 12:42
muita suerte en este novo proxeto SOTO,ojala todo che veña ben e recibas as axudas necesarias para levalo acabo,pois solo co feito do que queres empreder xa o mereces!!!
saludos e suerte chaval!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
seran7989
+1 # seran7989 31/10/2009 22:32
Súmome a todos os anteriores e deseo como eles ver pronto restaurado o castillo,suerte .
Responder | Denunciar ante o administrador