Canto máis reciclemos, menos pagaremos

Unha gran cantidade de público congregouse na Casa de Pedra para oir as ventaxas de reciclar
Unha gran cantidade de público congregouse na Casa de Pedra para oir as ventaxas de reciclar

A producción de basuras é un dos maiores problemas das sociedades modernas, por elo dende que alá polo mes de marzo do 2008 o Concello de Camariñas se vío obrigado a incorporarse a SOGAMA cantidades inxentes do orzamento municipal tiveron que ser destinadas a pagar o tratamento do noso lixo nas plantas de Santa Comba e Cerceda. Porque ademáis o noso é un concello que produce altas cantidades de residuos sólidos e no que non se recicla prácticamente nada.

Por elo é especialmente importante que os veciños tomemos conciencia da importancia do problema e colaboremos reducindo e reciclando os nosos lixos. Para axudarnos a elo, en colaboración ca Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, o Concello ven de poñer en marcha o Programa de Minimización de Residuos Camariñas 2009, que se extenderá polos meses de outubro e novembro e que tivo como acto de presentación o celebrado con gran asistencia de público na Casa de Pedra este venres 16 de outubro. Xa sabedes: para evitar posibles subas dos recibos de lixo, teremos que poñer da nosa parte reducindo residuos e reciclando. Aparte de ter un concello máis limpio, obviamente.

 

 

Comentarios   

jesus
0 # jesus 17/10/2009 11:49
eu xa reciclo o que podo pero a xente de camariñas non esta concenciada e tira todo o contenedor non inporta de que color sea eles tiran e listo pa acabar con esto avia que poñer mais contenedores de plastico de vidrio e de papel o pueblo de camariñas e miu grande e ai poucos contenedores abia que facer coma en suiza beljica francia etc dar unha caixa por casa e xuntar papeles libros prnsa etc e cada 15 ou 20 dias ir recollelas axente xa veras como reciclaba ou faser coma os americanos canbiar latas ou brit por puntos ou premios pa que os rapaces se preocuparan por reciclar dando premios xa veras como reciclan eu acordome de ir o rio da areadabila a coller botellas de lejia que daban 1 peseta por botella por que nonfan aora ijual ay puestos de traballo e o pueblo esta linpo nonbexo por que nonofan en america fano e baillemui ben e en suiza francia etc ijual bueno nonme enrollo mais sinon nonme cheja a pajina chao
Responder | Denunciar ante o administrador