3.6966292134831 1 1 1 1 1 Rating 3.70 (89 Votes)

Bénder, será unha auténtica fiera na dura loita contra o imperio do crime organizado

Bénder, será unha auténtica fiera na dura loita contra o imperio do crime organizado

CCCP: Cuerpo Canino Camarinas.eu de Policía

Cando alá por 1931 se instauraba en España a II República, os novos gobernantes ante as tendencias dereitistas da Guardia Civil decidiron acometer a creación dun corpo policial propio do que se podese botar man chegado o caso e que servira de contrapeso á Benemérita: os Guardias de Asalto. Aquí, en camarinas.eu ante as críticas recibidas de numerosos usuarios progresistas ante as presuntas tendencias conservadoras do PPC (Policía Perruna de Camarinas.eu), corpo policial que ten como oficial en xefe á aristocrática e altiva cadeliña Flequi, a semellanza dos próceres republicanos decidimos este 12 de outubro de 2009, Día da Virxe do Pilar, Patrona de España, crear un novo corpo policial propio (ou parapolicial...ou paramilitar) que axude aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado na súa dura loita cotidiana contra o crime e que retomando o nome do que foi o primer país comunista da historia, a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS ou CCCP en ruso), aglutine aos sectores esquerdistas da web e que será comandado polo noso querido Bénder, un canciño proletario e obrero. Un canciño do palleiro.


Os usuarios de camarinas.eu puideron ver estos días como ante as vacacións dos dous principais redactores da web e a sequía de noticias un pequeno e humilde canciño pouco a pouco asumía a responsabilidade e encargábase el só de encher de contidos a web e manter informados cada día aos miles de seguidores da web máis vista da historia da Costa Atlántica. Trátase de Bénder, un canciño do palleiro, nada de pedigrees ou árbores xenealóxicas, de posibles orixes remotas mexicanas, nacido dun cruce entre chihuahua e coyote de Sinaloa, e que foi a vir a este mundo pecador e corrompido na sureña cidade de Jerez de La Frontera. Pero que ninguén pense que nacío no seno da Familia Domecq ou Osborne, ou de calqueira outra das aristocráticas e oligárquicas familias que veñen comandando dende hai centos de anos con modos caciquiles á capital mundial da producción do sherry. Tampouco hai que chegar a conclusións contrarias e pensar que o héroe desta noticia nacío en calqueira barraca destartalada ubicada nos suburbios da citade cidade no seno dunha familia pertencente a esa coñecida minoría étnica tan abundante por aqueles pagos andaluces. Non, o noso Bénder tivo por seno materno unha humilde pero honrada e esforzada familia de xornaleiros andaluces na que dende a cuna asistío cautivo e desarmado á explotación e malas maneiras dos terratenientes e latifundistas de Andalucía de orixes nobles e tendencias máis que conservadoras. Polo tanto non estamos ante un canciño criado en suntuosos salóns de acaudalados  aristócratas que cun puro nunha man e unha copa do mellor sherry na outra deciden nun par de tardes o destino de miles de xornaleiros; nin tampouco entre abigarradas muchedumbres de churumbeles que ao son dunha guitarra e dun "arsa shiquillo" adícanse por enteiro á máis flamenca das artes e a minoración do patrimonio alleo cando é menester, senón que medrou no duro campo andaluz, no medio de pagos contantes e sonantes dos subsidios agrícolas do PER (eses que tantos votos dan: os necesarios para comandar unha comunidade autónoma 30 anos e os que faltan) e protestas simbólicas contra pancistas señoritos latifundistas con palacio mozárabe ou neoclásico instalado en pleno centro de Sevilla ou Madrid.

Fui por elo que coñecedor da posibilidade de creación dun novo corpo policial de signo progresista por parte da redacción desta web, non o dubidou un instante e por escrito e con rexistro de entrada solicitou comandar o CCCP, o Cuerpo Canino Camarinas.eu de Policía. Os cometidos deste novo corpo serán complementarios cos do PPC, as forzas de seguridade comandadas por Flequi (fermosa cadela de raza Pastor de Brie e do máis alto pedigree propiedade do noso querido usuario Sergio Pasantes Campaña e da súa flamante esposa Pamela Rey), que teñen un carácter máis represivo e punitivo na dura loita cotidiana contra o imperio do crime, mentras que o CCCP, facendo honor ao seu orixe progresista e obrero, centrarase nuns obxectivos de carácter social, tendo na rehabilitación e reinserción do delincuente o seu principal cometido, tarea que non lle será moi difícil levar a cabo dados os inxentes recursos que se destinan neste país todavía chamado España a gasto social de todo tipo sen importar déficits nen deudas públicas, que para eso xa se abrasará á clase media a impostos.

O nome que identificará este novo corpo policial foi elexido polo mesmo Bénder e non podía ser outro que un que homenaxeara aos Héroes da Unión Soviética, aquel experimento de masas que botou a andar en 1922 baxo o nome de Soyuz Sovietskij Sotsialisticheskij Respublik, CCCP en alfabeto ruso, e que acabou derrumbándose con estrépito o 31 de decembro de 1991 para dar lugar ao nacemento de 15 repúblicas que con distinta sorte emprenderon o camiño da independencia, maiormente no medio da miseria máis absoluta. Pero ningunha destas cuestións xeopolíticas preocupa ao noso novo oficial en xefe. El está aquí para server e protexer. To serve and protect.

Noticias relacionadas

Engadir un comentario