3.3783783783784 1 1 1 1 1 Rating 3.38 (74 Votes)
A comisión de festas de Camelle patroneada por Perla hai uns días que levan vendendo un DVD de video moi especial para recadar fondos para as próximas festas camellanas. Neste DVD está recollido todo a xenialidade que tivo un pequeno pobo mariñeiro coma Camelle ao inventar e improvisar unha espectacular obra teatral mentras trascorría a Festa da Palilleira organizada por esta impresionante comisión de festas. Neste acto colaboraron máis de 100 veciños da vila norteña do noso concello así como tódolos integrantes da comisión e coa colaboración especial dun atónito Marcial Mouzo que coma o cámara que grababa as imaxes, non daban creto a toda esta xenialidade... o caso é que dentro desta noticia presentámosbos a todos os usuarios de camarinas.eu en exclusiva un pequeno recorte de 6 minutos  (o video orixinal dura caseque dúas horas) da delirante escena protagonizada por Marcial Mouzo e dous destes actores improvisados pero case profesionais que formaron parte deste espectacular teatro callejero camellán.

Comentarios   

seran7989
+17 # RE: Humoristas de Camelle na Festa da Palilleiraseran7989 09/10/2009 21:33
Parabens pa estes artistas.
Responder | Denunciar ante o administrador
THOR
+19 # RE: Humoristas de Camelle na Festa da PalilleiraTHOR 10/10/2009 10:11
baito que me rin ben jajajajajajajaj ajaa hay que levalos a luar jajajajajajesta n criminal
Responder | Denunciar ante o administrador