4.1678321678322 1 1 1 1 1 Rating 4.17 (143 Votes)

Mariñeiros camariñáns no Muelle de Oza

Dous camariñáns e dous cabaleiros ante todo: Yoyo e Delmiro danse a man no Muelle de Oza, Coruña
Dous camariñáns e dous cabaleiros ante todo: Yoyo e Delmiro danse a man no Muelle de Oza, Coruña

Sempre foi tradición que cando as cousas non acababan de andar todo o ben que sería de desexar  polas nosas costas os barcos do cerco camariñán arrancharan os seus pertrechos e cambiaran de aires por unha temporadiña, normalmente cara o porto da Coruña.  Así na mañán deste xoves 8 de outubro de 2009 a corresponsalía itinerante de camarinas.eu na nosa querida capital provincial atopou pegadiños un ao outro no Muelle de Oza aos dous barcos máis recentes en chegar ao noso porto, o Muro de Fontán e o Cupido que, cousas da súa xuventude impetuosa, decidiron probar sorte alén dos nosos mares. Alí estivemos departindo un rato e coñecendo as principais inquietudes dun mariñeiro camariñán lonxe do seu fogar con Yoyo, Delmiro, Javi, Pedriño de Marisa, Domingos, Pedro, Jose, etc...


No decálogo de mandamientos dun bo redactor de camarinas.eu está inscrito en letras douradas e xusto ao principio o de cumplir impecablemente cos seus deberes playeros ca dilixencia dun bo pai de familia ou a dun honrado comerciante (según apliquemos o Código Civil ou o de Comercio). Por elo cando un redactor de máis que merecidas vacacións na capital herculina, o Balcón do Atlántico, acudía por razóns de proximidade física a cumplir cas súas obrigas sabáticas á Praia de Oza, creío vislumbrar no horizonte o que era o barco dos seus primos atracado no flamante e impecable novo muelle coruñés. Non se podía deixar pasar a ocasión de reflexar para a posteridade unha situación que dende sempre foi unha realidade: a dos barcos camariñáns que por unha temporada deciden cambiar de aires e buscar mellor sorte ao abrigo do muelle coruñés, antes na Dársena, agora en Oza, xusto ao lado dos varaderos do mesmo nome. Así na cambiante mañán do xoves 8 de outubro de 2009 decidín acercarme polo porto coruñés, deparando a sorte a este humilde pecador atopar non un senón dous barcos camariñáns: o Muro de Fontán e o Cupido.

Cando o redactor que o presente subscribe volve a vista atrás ao rudimentario puente de mando do mítico Lubina, alá a comenzos dos anos 80,  recorda un prehistórico chivato e pouco máis. Despois, co tempo, fuise enchendo paulatinamente cos aparatos que nos deparaba a modernidade ata o día final de 1987 en que cambiou de aires cara a Malpica. Por elo cando a bordo Muro de Fontán, barco propiedade dos irmáns Campaña Pensado, netos de Manuel Campaña Martínez, patrón do mencionado Lubina, esperaba atopar un ponte de mando vislumbrei unha nave espacial: 4 VHFs, un secráfono (para falar en clave), 2 sónares, 1 sonda, 1 sensor de fondo, 1 PC que permite ver o leito marino en tres dimensións e seguir día a día no mar as novedades de camarinas.eu, etc... sen que toda este aparataxe deixase sitio físico para instalar unha soa pantalla máis. A modernidade chegou a uns barcos do cerco preparados cunha tecnoloxía punta que os fai estar listos para competir cos barcos de calqueira outro porto. Sexa en Camariñas ou en Coruña.

Comentarios   

billy
+2 # lobos de marbilly 09/10/2009 01:19
Enoraboa diego,por unha esclusiva coma esta os nosos camariñans na coruña,desde a casa podo velos dando unha voltiña po lo ordenata as 2 da mañan increible,.
Saludos mimi e compañia,a pescaar.

ABUUR.
Denunciar ante o administrador
lucia018
+2 # RE: Barcos de Camariñas no Porto de Coruñalucia018 09/10/2009 02:29
Caraiii.... Ese churraskiño que boa pinta ten jeje!!!
Moi bonitas todas as fotos Marcos fas Majas sempre buscando algo pa poñer na pajina e que non falten Noticias!!!!!
Pedriñoo....arrasas e dominguitos-.--

Da gusto escoitar as noticias sin ter que leelas co altavosiño ese jeje!!Ainda que non as di moi ben pero asi leeo a canda a mulleriña esa q fala jaja!!!
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+2 # RE: Barcos de Camariñas no Porto de Coruñarubiasexy 09/10/2009 10:24
MUY BONITAS FOTOS MIMA EU NON AS VIRA CARAI que recuerdos me trai estan ben o reportaje polo menos sabemos aljo dios vos dea suerte ato@s estades ben suerte o recuerdo fui bo saludos por eses mares sefa eos pedros fuerteventura
Denunciar ante o administrador
mantida
+2 # RE: Barcos de Camariñas no Porto de Coruñamantida 09/10/2009 14:30
Mirade que churrasquiño tan ben asadiño,que todos teñades boa pesca.
Gavilaaaaaaaaan, acordate de nos, que despos enfadamonos contijo, e viras aljo polo arnela a cantarllle unhas rancheriñas.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.