- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 06 Outubro 2009 06 Outubro 2009
Unha enxebre homenaxe de camarinas.eu á Coruña

Nin un entorno esencialmente urbano como o coruñés se libra dunha das grandes institucións de Camariñas
Hoxe 7 de outubro de 2009, día da Nosa Señora do Rosario, Santa Patroa da cidade da Coruña, camarinas.eu, xigante cibernético da Costa Atlántica, non podía deixar abandonada á súa sorte á nosa querida capital provincial, a "Muy noble y leal ciudad de La Coruña, cabeza guarda llave fuerza y antemural del Reyno de Galicia". E por elo é que procede a deixar constancia da existencia incluso nunha moderna urbe como a cidade herculina dunha das máis antigas e representativas institucións de Camariñas: o Metálico, a través dunha pequena galería fotográfica captada nos alrededores do humilde e proletario barrio do Castrillón, a carón da Praza de Pablo Iglesias. Se ben todo elo non deixa de plantexar unha serie de inquedantes incógnitas: ¿surxiron os metálicos como elemento arquitectónico espontáneamente na Coruña? ¿Ou foron importados por un camariñán? ¿Imitaron os coruñeses unha experiencia constructiva surxida en Camariñas? ¿Ou estamos ante un símbolo esencialmente galego que fixo en Camariñas especial fortuna?...En fin, calquera pode ser a resposta (ou ningunha), en todo caso ¡¡FELICIDADES A TODAS AS ROSARIOS!!
Unha sinxela homenaxe de camarinas.eu á Coruña

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.