3.6526315789474 1 1 1 1 1 Rating 3.65 (95 Votes)

Os útimos días do verán 2009

Unha fermosa rapaza pasea a súa xuventude ao ritmo da oceánica baixamar activada polo mar de Reira
Unha fermosa rapaza pasea a súa xuventude ao ritmo da oceánica baixamar activada polo mar de Reira

Agora que estamos a 1 de outubro de 2009 e temos a necesaria (que non suficiente) perspectiva para enxuizar os feitos acaecidos, xa podemos pasar revista a un verán do 2009 que se caracterizou por chegar tardíamente pero de forma esplendorosa e incontestable, deparando magníficos días de praia en agosto e setembro, os cales foron degustados con fruición polo equipo playero de camarinas.eu composto por Zhúkov, Kecho e Bénder, o redactor perruno da web máis implicada en amosar ao resto do mundo os encantos dun conxunto natural sagrado para todos aqueles amantes fanáticos do Areal de Reira, amantes fieis que ano tras ano non poden soportar a lexanía do seu santuario espiritual. As novas xeracións preferirán a Praia de Lingunde, máis accesible, máis cercana, con máis servizos, pero para nos, viejas glorias, só hai unha Praia.

The last days of disco

Aínda que non veña realmente moito a conto, nos días pertencentes á última quincena do mes de setembro de 2009 un redactor cada vez que visitaba, temendo sempre que esa sería a última vez, Reira non podía evitar rememorar o nome da película que filmada en 1998 e protagonizada pola fermosa e apabullante Kate Beckinsale evocaba con nostalxia aqueles días de comenzos dos 80 nos que en plena revolución conservadora do gran Presidente Ronald Reagan o reinado da música disco pasaba a mellor vida. Unha sorte de melancolía  nostálxica anticipábase apoderándose do corpo e da alma ao pensar no exilio forzoso que para un amante conspicuo e pertinaz de Reira suporán 8 meses de duro outono-inverno. Un sentimento de pérdida constante e irremediable que velado de melancolía o invadía todo.

Xa moito antes, un redactor rememorara a tradición espiritual dos indios americanos (perdón, nativos americanos, quería decir), posuidores tradicionalmente na leyenda xornalística dunha especial comunión ca natureza a pesares de vivir en poblados que constituían auténticos vertedoiros ao ceo aberto con restos orgánicos de animais que se elevaban varios metros conferindo ao contorno un hedor nauseabundamente insoportable (Pequeño gran hombre, Arthur Penn, 1970). Reira como Santuario, como o conxunto natural de identificación espiritual dun puñado de camariñáns que ano tras ano acuden, emocionados, agradecidos, solemnes, ao lugar onde botaron os dentes, nos que creceron como persoas, e no que a día de hoxe, cada vez que visitan novamente o Areal sagrado, non poden evitar emocionarse ante a beleza pétrea, maxestuosa, salvaxe do conxunto de praias máis fermoso do planeta. Entre eles, os redactores playeros de camarinas.eu, Zhúkov, Kecho e Bénder, este último o derradeiro en enamorarse das mieles de Reira e chamado a grandes empresas no seno da web máis vista da historia da Costa Atlántica.

Magníficas tardes de tertulias entre amigos na Praia de Pedrosa, ou de intensa exploración constante no máis grande dos areais de Reira, mañáns de ensono e tardes de placer, incursións en furnas tenebrosas e coroacións de cumes marinos, expedicións de búsqueda das tan sabrosas e nunca tan abundantes caramiñas, a constatación do nacemento dun paraíso para os deportes así chamados de risco (windsurf) e da chegada definitiva masas deshumanizadas a un lugar sagrado só para uns poucos, algunha que outra cacatúa mui pesada enemiga mortal dun pobre canciño... Só parecerá que fui un soño.

Comentarios   

rubiasexy
0 # rubiasexy 02/10/2009 11:51
si señor bonitas fotos ese cansiño estache ben moreno de tanta playa ebonito si señor bai ben paseado mima bueno un saludo para to@s fasedes majas sefa
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # lucia018 02/10/2009 13:52
Nada ala nos vai o verano.....Xa.. .que pena ainda que amin me gusta mas o inverno jejeje!!pa estar na casa siquera non oio nin vexo jaja...
As fotos unha chulada e o cansiño arrasa!!
Mira q Bender recorre mundo eee!!

Saludos
Responder | Denunciar ante o administrador