Unha calle adicada a Camariñas na Coruña

En pleno corazón do peculiar Barrio de Montealto atópase unha rúa adicada a Camariñas
En pleno corazón do peculiar Barrio de Montealto atópase unha rúa adicada a Camariñas

Trataríase dun caso de aplicación do que en Dereito Internacional Público chámase "principio de reciprocidade": o Concello de Camariñas adícalle á Coruña toda unha avenida, pois a capital provincial adícanos a nos (máis pequenos, máis humildes) unha rúa. Situada en pleno Barrio de Montealto, unha pequena cidade en si mesma cunhas normas, códigos e identidade propios, a Calle Camariñas atópase cáseque a carón do museo da Domus e goza dunha lonxitude superior aos 200 metros. Non é moito pero será co que haia que conformarse mentras non se lles de por adicarnos unha ronda, unha gran vía, un boulevard ou un paseo que, á semellanza da célebre Perspectiva Nevski de San Petersburgo, cruze a cidade en canal dunha banda á outra e que realmente reflexe a contribución histórica de Camariñas á formación da civilización occidental. Pulsa na imaxe para ver unhas cantas imaxes que proban a presencia de Camariñas na cidade herculina.

Exemplos da presencia de Camariñas na Coruña

Trataríase dun caso de aplicación do que en Dereito Internacional Público chámase "principio de reciprocidade": o Concello de Camariñas adícalle á Coruña toda unha avenida, pois a capital provincial adícanos a nos (máis pequenos, máis humildes) unha rúa. Situada en pleno Barrio de Montealto, unha pequena cidade en si mesma cunhas normas, códigos e identidade propios, a Calle Camariñas atópase cáseque a carón do museo da Domus e goza dunha lonxitude superior aos 200 metros. Non é moito pero será co que haia que conformarse mentras non se lles de por adicarnos unha ronda, unha gran vía, un boulevard ou un paseo que, á semellanza da célebre Perspectiva Nevski de San Petersburgo, cruze a cidade en canal dunha banda á outra e que realmente reflexe a contribución histórica de Camariñas á formación da civilización occidental. He aquí unhas cantas imaxes que proban a presencia de Camariñas na cidade herculina.

Comentarios   

Brenda
0 # Calle camariñasBrenda 01/10/2009 17:40
xa i anos e anos que esta esta calle na Coruña e por ai serca ai unha pescaderia tamen con ese nombre.Bikiños
Responder | Denunciar ante o administrador
jesus
0 # rua camariñasjesus 01/10/2009 20:02
donde vai que oin falar desa calle polo menos 10 anos pero nonsei donde esta dixeronme que quedaba por riazor pero nonsei pero que esistia xa ai anos que o savia un saludo de jesus
Responder | Denunciar ante o administrador