- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 16 Setembro 2009 16 Setembro 2009

Esta foto tomada por un redactor de camarinas.eu si a saca Mister X provoca un descalabro
¡Máis fotos de metálicos!
As noticias de camarinas.eu son como entes dotados de autonomía propia. O ciclo vital dunha reportaxe na nosa páxina non remata ca publicación da mesma, senón que a semellanza dos seres vivos as nosas noticias nacen, crecen, evolucionan e vanse adaptando ao ritmo dos tempos. Ese foi o caso da reportaxe adicada a unha das institucións claves de Camariñas, o Metálico, que publicada orixinalmente un 23 de xullo de 2009 con 105 imaxes, tras sucesivas adicións conta actualmente xa con 145 fotografías. Reportaxe que se beneficia dos estranos días que corren... días nos que unha avalancha de metálicos e dos colchóns sobre os que posiblemente foi enxendrada a meirande parte do padrón municipal de veciños esmorece, inmerecidamente, entre contenedores de basura á espera dunha camioneta dos trastos non acostumada a semellante aglomeración colchoneril. Días dorados para Muebles Sambade, nos que gran parte da veciñanza decidío cambiar a base do seu descanso (así como dos seus movimientos máis queridos). E menos mal que as imaxes foron tomadas por un dos redactores, que si as colle o implacable Mister X provoca un expolio. Camarinas.eu procede a publicar unha nova camada de fotografías e un enlace á reportaxe máis impresionante adicada ao metálico na historia da humanidade.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.