4.36 1 1 1 1 1 Rating 4.36 (50 Votes)
Ninguén parece preocupado en inculcar uns valores e principios correctos  a unha xuventude sen control
Ninguén parece preocupado en inculcar uns valores e principios correctos a unha xuventude sen control

A impagable labor das xentes desinteresadas

Agora que o noso gran amigo Gerpe sempre da man da fermosa e intelixente Isabel está a realizar unha pequena xira pola Europa francófona, procedemos a publicar unha nota de prensa que nos enviou e que reflexa fielmente a implicación e esforzo desinteresado de algúns veciños de Camariñas para manter  afastada das drogas á unha vulnerable xuventude que parece abandonada por esta sociedade á súa sorte. Trátase do programa de actividades que dentro da Asociación Antidroga Abondou se impartirá fóra de horario escolar dende outubro a decembro deste 2009 no Instituto de Ensinanza Secundaria Pedra da Aguia, radicado en Ponte do Porto, e que persigue obxectivos como o da vida saudable, o da boa alimentación, o compañeirsmo, a cooperación, o afastamento das prácticas con incidencia negativa na saúde... 

Neste punto debemos recordar a impagable e desinteresada labor que a prol dos nosos rapaces, e cubrindo as importantes lagunas que neste punto cometen as administracións públicas, leva a cabo Gerpe man a man con Visentiño "O Quisquel " e Faus dentro da Asociación Deportiva As Baleas, onde ademáis de tratar de inculcar nunha xuventude que parece actualmente ir á deriva  uns valores e principios clásicos desaparecidos totalmente nesta sociedade vacía e postmoderna como o amor ao deporte, o esforzo, o compañerismo, a unión, o amor á terriña, leva a cabo esta labor de forma completamente existosa forxando unha canteira de xóvenes campeóns que están a arrasar a canta escola municipal de fútbol se lle poña por diante e campeonando (que diría o clásico sudamericano) en torneos aos que acuden equipos con presupuestos moito máis elevados tal e como tivemos ocasión de comprobar este verán con motivo do Maratón das Estrelas de Cee. 

Non contentos ca labor realizada, este grupo de patriotas camariñáns leva a súa implicación ca xuventude ao difícil e fráxil mundo dos institutos de ensinanza, onde fóra da actividade escolar e dentro da Asociación Antidroga Abondou impartirán unha serie de actividades que reinciden nos obxectivos mencionados anteriormente e que consistirán no mes de outubro no deporte do voley con actividades complementarias de xogos predeportivos, de animación e sendeirismo; en novembro, no "floorball", ese xogo colectivo que simula ao hockey pero sen patíns e finalmente en decembro, no frisbie ou disco volador. Unha vez iniciadas as clases, tódolos alumnos que así o desexen poderán inscribirse nas fichas de inscripción postas á súa disposición no IES Pedra da Aguia, para desenrolar unhas actividades que tratarán, de forma humilde e desinteresada, de parar esta deriva sin xeito na que unha sociedade fatua e saciada deixou meterse por sí sós aos nosos xóvenes. Alomenos hai xente que intenta facer algo.  

Engadir un comentario