3.8085106382979 1 1 1 1 1 Rating 3.81 (47 Votes)

A era dos volcáns chegou ao seu fin (II)

Os enxeñeiros decidiron que o que era un vertedoiro tomase a forma dun zigurat da antiga Mesopotamia
Os enxeñeiros decidiron que o que era un vertedoiro tomase a forma dun zigurat da antiga Mesopotamia

Alá a mediados do mes de xuño, camarinas.eu expoñía nunha lección maxistral todos os coñecementos de Vulcanoloxía tan duramente aprendidos por estes sufridos redactores tras anos de interminables clases na Universidade de Heidelberg con motivo do peche da volcánica Canteira da Xesteira. Pero o que descoñecíamos era que ademáis tuvéramos que botar man dos  estudios adquiridos na Facultade de Arqueoloxía da Universidade de Cracovia para a cobertura da noticia do selado do Vertedoiro do Monte do Campanario, en plena Grixa da Ponte do Porto, xa que onde esperábamos atopar unha canteira xurdío o que remotamente parece un zigurat, un daqueles templos escalonados que tanto proliferaron na antiga Mesopotamia nas épocas iniciáticas da civilización. Comprobamos ademáis como prácticamente remataron as obras de selado do vertedoiro, obra adxudicada conxuntamente co peche da Canteira e financiadas ambas pola Xunta de Galicia. En definitiva, parece que as explosións piroplásticas non volverán a afectar aos animosos seguidores do Porteño no non moi lonxano e mítico pero destartalado Campo da Grixa.

Noticias relacionadas

Engadir un comentario