4.0461538461538 1 1 1 1 1 Rating 4.05 (65 Votes)

¿É tan difícil apuntarse na lista de recollida de trastos?

Por terceira vez nunha semana a capucha enmascarada de Mister X fai a súa aparición para sinalar o mal
Por terceira vez nunha semana a capucha enmascarada de Mister X fai a súa aparición para sinalar o mal

"La virtud es el justo medio entre dos extremos igualmente viciosos, uno lo es por defecto, el otro por exceso". Esta frase aristotélica constituío dende sempre o fío vector da conducta de Mister X, o Superheroe enmascarado defensor das causas xustas, porque si existe un usuario virtuoso en camarinas.eu este é o noso axente secreto que continúa pateando incansablemente as calles para facer o ben e condenar o mal.  Nesta ocasión detívose preto da Cruz de Cedeira, na histórica e sen embargo agora tan olvidada e alicaída Rúa Pinzón que aos graves problemas de aparcamento derivados da reforma da Avda. Eugenio López, súmaselle agora uns veciños non moi virtuosos que deixan os seus metálicos e colchóns correspondientes tirados nas rúas semanas enteiras. Queridos camariñáns, un metálico só pode ter dous destinos: ou unha leira ou o camión dos trastos, o cal tódolos mércores pola mañán recolle os cachivaches que previamente foron inscritos na lista municipal. Pulsa na imaxe para ver unhas fotos ambivalentes que tamén encontraron o seu sitio na reportaxe que rende homenaxe ao metálico, esa gran institución de Camariñas.

Noticias relacionadas

Comentarios   

tedin
0 # tedin 02/09/2009 13:27
eso e culpa dos veciños hai que avisar o concello de luns a martes e os mercores recollen todo
Responder | Denunciar ante o administrador
seran7989
0 # seran7989 02/09/2009 14:08
uns por deixades e outros por non informarse unha pena que se lle queira tan pouco o pueblo.Mr.X fas un bo traballo.
Responder | Denunciar ante o administrador
toxo
0 # toxo 02/09/2009 15:04
non todo e malo , ainda podiase tomar sol deitado no colchon da foto nº4.
Responder | Denunciar ante o administrador
Pion
0 # Pion 02/09/2009 17:06
a xente para criticar os do ayuntamiento son os primeiros,si non recollen a basura, pero tamen temos que ser nos os primeiros e poñer da nosa parte para ter o pueblo limpio,o que tiña que faser o ayuntamiento e poñer multas a quen deixe a basura asi xa verian como collerian o telefono e chamaban para que fosen a recoller,a tampouco estaria mal un sitio donde deixar,escombro s e muebles e despois que o recollan o da basura a idea que dou a mantida aqui funsiona muy ben e si se deixa muebles nos contenedores multan os dueños
Responder | Denunciar ante o administrador
BURIAN_82
0 # BURIAN_82 02/09/2009 18:14
ESTAS COUSAS NON AS FASEMOS EN BURIA OS METALIKOS XA BAN PAS HORTAS TEN RASON SEÑOR X
Responder | Denunciar ante o administrador
masquechorradas
0 # masquechorradas 05/09/2009 14:16
Creo que o concello sairialle moito mais barato por un sitio para levar os trastos "polo menos seria mais ordenado" que non ter que andar atras deles por todo o concello digo eu vamos ainda que e moi dificil que o concello escoite ningunha idea ,que noutros concellos xa o teñen en funcionamento se mal non lembro chamanlle "punto limpo" por si lee o comentario algen do concello e se interesa en saber o que e.
Responder | Denunciar ante o administrador