Aquí en Camariñas sempre fumos moi tradicionales... por eso preferimos festexar o 1 de novembro como o Día de Difuntos e non como a Nuite de Bruxas ou Halloween, a festa de orixe norteamericana que acabou por expandirse a todo o planeta. Sen embargo haberá que ir pensando seriamente en organizar unha Festa de Halloween que sería a maior de toda a Costa Atlántica á luz das impresionantes calabazas que crecen na nosa terra, concretamente as que cultiva o noso querido usuario Ramón de Dor, o cal casado en Camariñas ca filla de Manolo de Camuel e pai de dous fillos varóns, ten unha pranta máxica que foi quen de parir unha calabaza de 41,5 kilogramos, quedando aínda en tan monumental exemplo vexetal de fecundidade outras dúas calabazas do mesmo peso e tamaño.
¿Vistos estes xigantescos exemplares de calabaza haberá que ir pensando seriamente en festexar o Halloween na Costa da Morte?

Ramón de Dor, que ten como profesión a de mariscador, no seu tempo libre gústalle de botar uns horiñas cultivando a súa horta e por elo móstrase especialmente orgulloso dos seus logros como agricultor: unha calabaza de nin máis nin menos 42 kilogramos tendo dúas máis do mesmo tamaño e peso en camiño nunha planta merecedora de pasar a formar parte do Libro Guiness dos récords. O secreto ao parecer está no argazo das praias de Camariñas utilizado como abono natural. Por todo elo, tal vez deberíamos ir pensando en deixarnos de tradicionalismos e empezar a organizar unha festa de Halloween como se merece: cas maiores calabazas de toda Galicia. Ademáis dun Ramón que se faría de ouro nos días previos a tan extendida festividade,  poder enfundarse nos tradicionales disfraces de Halloween serviría para dar saída a esa vena frikie tan característica do carácter camariñán...

Pois en fin queridos usuarios, ben sabedes que aquí na redacción temos épocas (o carácter eslavo de camarinas.eu) nas que non é que nos matemos a traballar precisamente... En esas ocasións, desdichadas e abundantes, hai que esperar a que calqueira dos membros da nosa fiel e multitudinaria lexión de seguidores nos traian contentos  e satisfeitos as probas das súas fazañas. Elo servío para dar a coñecer ao mundo enteiro que vivimos nunhas latitudes nas que o mar arroxa cunha prolixidade nunca antes vista calamares xigantes, pulpos enormes, lubinas descomunales, sardiñas voadoras...e a terra (que se saiba polo de agora) calabazas terroríficas. A saber os miragres que agochan dentro de sí os anchos campos de Buría... E a todo esto, Ramón, o pai da criatura, pois feliz e orgulloso, claro. Se non hai máis que recordar o antigo proverbio da milenaria cultura china:

"Si quieres ser feliz un día: emborráchate,
si quieres ser feliz una semana: cásate,
si quieres ser feliz toda la vida: cultiva un jardín 
(unha hortiña tamén vale) "

Comentarios   

toxo
0 # toxo 27/08/2009 16:22
NON QUERO PENSAR NOS OVOS QUE POÑEN AS JALIÑAS DE RAMON DE DOR............ ....AYYYYYYYYY DOEME A ALMA DE PENSALO
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 30/08/2009 23:18
Venme a memoria o projrama de kiko ibañez, cando a calabasa lle chamaban Ruperta.
Responder | Denunciar ante o administrador