O novo e impactante aspecto da Av. Eugenio López

Vista panorámica do novo firme da Avenida Eugenio López: non haberá indiferentes
Vista panorámica do novo firme da Avenida Eugenio López: non haberá indiferentes

Retornamos a unha das nosas obras preferidas: as da Avenida Eugenio López, porque á luz do novo e peculiar aspecto que luce unha das principais e máis transitadas vías de comunicación do noso concello, aquela que leva ao Colexio O Areal, á Guardería ou que conecta directamente co enorme distrito de Buría, haberá veciños que se sintan horrorizados e haberá outros que sintan punzadas de alegría ao ver un firme tan colorido. Non haberá indiferentes. Por outro lado, da heroica carretilla obrera que fixo posible o sufraxio electivo no colexio burián nin rastro.

Esta semana, os operarios déronlle ao pavimento de formigón impreso (que parece que fixo fortuna no noso concello) unha capa dun gasoil especial para evitar que a semellanza da Rúa San Miguel e do Medio o firme perda a súa capa de color orixinal. Polo tanto, á falta duns pequenos retoques a obra está prácticamente concluida. Será despois do verán cando se leve a cabo a pavimentación e canalización de augas na Rúa do Areal, co que as vias interiores do concello lucirán o mesmo aspecto dende o Paseo Marítimo ata Buría. E ao longo de todo este percorrido parece botarse en falta algunhas papeleras, sobre todo despois da misteriosa desaparición da nosa en tempos célebre papelera Taller. Triste destino o dos emblemas de camarinas.eu: a carretilla obrera, Taller...

Comentarios   

rubiasexy
0 # rubiasexy 06/08/2009 13:37
mui bonita calle quedou perfeta esto esta paresendo acoruña de masiado aber cando lle toka o muiño do vento que da pena viva onoso alcalde e atripulasion ,sefa eos pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
toxo
0 # toxo 06/08/2009 14:18
hay que ter cuidado os dia de chuvia,sobre todo as persoas maiores.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 06/08/2009 16:26
Muy bonito.
Responder | Denunciar ante o administrador
xeromes
0 # Que dure moitos anos.xeromes 07/08/2009 10:10
Pois mira tí que ben. Xa lle viña facendo falta unha acera a esta calle, e fixeron unha acera das boas.
A pena vai ser pra aqueles que demostraban neste tramo a potencia das súas máquinas de dúas e catro rodas.
E non digas que non, que por aqui a xente gustaballe ir na fura de diante.
Responder | Denunciar ante o administrador
reira
0 # Solo e a miña opinionreira 07/08/2009 10:28
Bueno eu vexo como todo o mundo que esto esta bonito e justame que o pueblo este ben como quedou o poso do muelle o paseo esta moi bonito o que si dijo eu que tamen deverian de mirar os peligros que normalmente traballase pa sacar ostaculos pa xente imbalida ou xente mayor por ejemplo o dia da danza de arcos toniño levava un par de arcos e o home casi se rompe a cabeza eso tiñan que miralo ademas de coller aljuhas opinions que a veces a xente do pobo da que a fin e o cabo o pobo e da xente non ? ou antes era asi penso xa dijo cada un que opine o que queira eu solo dijo o que eu penso ahora polo de bonito si esta bonito un saludo pa to2
reira
Responder | Denunciar ante o administrador