Os permisos (de marisqueo) xa están aquí

A Praia do Ariño de Xaviña, un paraíso natural e un dos areais máis fértiles de toda Galicia
A Praia do Ariño de Xaviña, un paraíso natural e un dos areais máis fértiles de toda Galicia

Pois envíannos dende a Cofradía de Pescadores de Camariñas unha copia da resolución da Consellería do Mar de data  4 de agosto pola que se abre un prazo de presentación de solicitudes de 15 días para a obtención de 21 novos e valiosísimos permisos de marisqueo a pé correspondentes á nosa Cofradía. Os solicitantes deberán acompañar o seu escrito da documentación recollida na citada resolución cuia copia íntegra reproduce camarinas.eu no interior da noticia, asemesmo permanece exposta no taboleiro de anuncios da Cofradía.

Polo tanto, tal e como se facía eco esta web en recentes noticias, a fertilidade e riqueza do areal xaviñán do Ariño vese confirmada con esta importante resolución da Xunta de Galicia, que supoñe a concesión de 21 novos permisos cos que mariscar nun dos entronos naturais máis fecundos e pródigos de toda Galicia. Agora só queda esperar que a Xunta resolva este proceso selectivo ca correspondente ecuanimidade e xustiza e 21 novas familias podan pasar a engrosar a longa nómina de mariscadores da nosa Cofradía.

Engadir un comentario