Foi despertarse un (sobre todos aqueles que non saímos de movida o sábado) e marchar disparado como un cohete para Reira. Sol radiante, temperatura idónea, nin a máis mínima racha de vento, baixamar oceánica: era evidente que estábamos ante un día de Praia Grande. Alí voltamos a vernos as caras os fieles que ano tras ano non faltamos á cita ca máis paradisíaca, polivalente e máxica praia do mítico areal camariñán. Difícil é describir con palabras a paz e regocixo interior que se apoderan da alma. Mellor unhas cantas imaxes.

Todo facía presaxiar que pola tarde Reira colgaría o cartel de "Sold out", de aforo completo. Pero incluso para aqueles que botamos os dentes en Reira, naquelas épocas en que os domingos toda a familia para alá marchaba en alegre procesión no seu Seat ca comida a costas (tortillas, bistecs empanados, pimentos de Padrón, empanada, viño, refrescos para os nenos, o termo do café, as gotas para o café dos papás), pois incluso para estos enamorados da mellor praia do mundo o resultado superou todas as expectativas. Difícil é recordar unha tarde con semellante multitude playera na Praia Grande e na Pedrosa.

Escoltados en todo momento por Bénder, o redactor perruno de camarinas.eu, dúas foron as viaxes que en sesión de mañán e tarde fixemos ata Reira. E en elas puidemos observar na Pedrosa flotando sobre as augas caixas chegadas directamente dende Nueva Zelanda ou descubrir que as caramiñas xa chegan ata a Praia Grande e será cuestión do cambio climático ou non pero o caso é que na agora así chamada "Praia de Area Longa" (ahí queda eso) a estas alturas do mes de xullo xa floreceron os frutos da pranta máis camariñana. Tamén admirar filas kilométricas de coches aparcadas nas beiras dos camiños e atoparnos cunha auténtica constelación de nacionalidades: alemáns albinos, portugueses latinos, franceses... E incluso con retornados: así, camarinas.eu puido departir amigablemente co noso reporteiro africano Damián Cibrán Campos, recén chegado da súa singladura por terras de Mauritania. Porque señores: o mundo enteiro e tódalas sensacións que este encerra caben nun día de praia en Reira.

Comentarios   

rubiasexy
0 # rubiasexy 27/07/2009 10:06
muy bonitas fotos si señor ahi xente esta dia de berano da gusto belas gracias sefa eos pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 27/07/2009 10:07
muy bonitas fotos si señor ahi xente esta dia de berano da gusto belas gracias sefa eos pedros
Responder | Denunciar ante o administrador