3.5090909090909 1 1 1 1 1 Rating 3.51 (55 Votes)

Emprendedores camariñáns na Coruña

Noelia Rodríguez posa dentro da súa nova peluquería na Coruña frente a cámara de camarinas.eu
Noelia Rodríguez posa dentro da súa nova peluquería na Coruña frente a cámara de camarinas.eu

Camarinas.eu comeza unha nova sección que adicará en exclusiva unha portada na web máis vista da Costa da Morte a aquelas persoas do noso concello que, nestes duros e difíciles tempos de crise, emprendan unha nova etapa na súa vida abrindo un negocio ou creando unha pequena empresa. Por eso e porque en camarinas.eu creemos que toda a axuda que se lle adique a estas valentes persoas é pouca teremos unha sección especial chamada Emprendedores.eu para dar ese impulso publicitario definitivo que todo negocio recén inaugurado necesita. Pulsa na imaxe para ver a primeira reportaxe que camarinas.eu realizou nesta nova sección de Emprendedores.eu

Emprendedores camariñáns na Coruña

Comezamos esta sección con Noelia Martínez Rodríguez, natural de Camariñas que vive dende hai varios anos na cidade da Coruña xunto ao seu noivo Luís, usuarios de camarinas.eu desde os seus oríxenes. Noelia levaba traballando de esteticista nunha peluquería dende hai varios anos e dende fai uns meses pensou que para realizar moito mellor o seu traballo tería que decidirse e dar o salto para crear a súa propia peluquería. Así foi, despois de realizar os pesados e inacabables trámites inentendibles nestes tempos para darse de alta como autónoma e despois de atopar o local axeitado comezou a aventura de ser a súa propia xefa e inaugurou hai un par de semanas a súa Peluquería NoRoyMa sita na Avenida Pasaje da Coruña Nº 6. Alí encontramos a Noelia atareada cos seus novos clientes porque además das tareas propias de peluquería en Noroyma tamén realizan manicuras e depilacións. O seu teléfono para cita previa é o 981 10 05 03. En fin, desde camarinas.eu queremos desexarlle toda a sorte do mundo a Noelia nesta nova etapa da súa vida. Adiante Noelia e felicidades!

{multithumbs}

Comentarios   

toxo
0 # toxo 24/07/2009 19:24
TODA LA SUERTE DEL MUNDO A LAS DOS NIÑAS!!!!
AHORA YO DIGO DIEGO,HAY QUE IR TAN LEJOS PARA NO PAGAR EL CORTE???
PORQUE SUPONGO QUE POR LA PUBLICIDAD HICISTE EL CANJE DEL CORTE DE PELO!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # peluqueriarubiasexy 24/07/2009 20:15
pois enhoraboa que teñas muita suerte que eston mirando os presion mima que baratos aqui en fuerteventura labar cortar 25€ e que non bais amuito lujosa si non mima asi esta omundo fun o outro dia 25 € sefa
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 24/07/2009 20:16
mi marido fue aller i le costo 12 € y tiene el pelo cortito bueno suerte
Responder | Denunciar ante o administrador
Peteke
0 # Peteke 25/07/2009 10:16
Esa Noe!!Qué juapo deixastes a Diego!pero eu faríalle unhas mechiñas..jajaj aja
Responder | Denunciar ante o administrador