3.5098039215686 1 1 1 1 1 Rating 3.51 (51 Votes)

Foto de familia dos visitantes de SOGAMA

Foto de grupo dos veciños camariñáns que visitaron as instalacións de Sogama o día 2 de xuño
Foto de grupo dos veciños camariñáns que visitaron as instalacións de Sogama o día 2 de xuño

A Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) é a empresa pública autonómica que leva en exclusiva a xestión dos residuos sólidos urbanos e que queima en Cerceda o lixo que antes se queimaba na Canteira da Xesteira cobrando por elo aos concellos de Galicia un precio desorbitado por cada tonelada de gesto (vaia palabra máis camariñana) entregada nas súas instalacións. Sen embargo, o martes 2 de xuño organizou as “III Xornadas de Portas Abertas”, ás que dende Camariñas acudiron os fieles que suelen apuntarse a este tipo de eventos e que quedaron retratados para a historia na foto que en tamaño xigante reproducimos no interior desta noticia.

Foto de familia dos visitantes de SOGAMA

Nota de Prensa de Sergio Caamaño Fernández, Concelleiro de Desenvolvemento Sostible.

En nome do Concello e de Sogama queremos agradecer a visita realizada polo grupo de veciños/a do Concello de Camariñas que, o pasado 2 de xuño. Con motivo da celebración da Semana do Medio Ambiente, achegámonos ao Complexo Medioambiental de Cerceda a fin de coñecer de cerca de actividade desenvolvida no mesmo.

Un saúdo.
{multithumbs}
Image

 

Engadir un comentario