4.2 1 1 1 1 1 Rating 4.20 (15 Votes)
A papelera foi reparada por un veciño aínda que non aguantou moito tempo
A papelera foi reparada por un veciño
Neste relato imos contarlles algo que sucedeu neste verán e que, polo ben do pobo de Camariñas esperamos que non volva a producirse no futuro. Relato traxicómico escrito pola redacción de camarinas.eu
Ao longo do verán de 2007 os veciños que viven na céntrica Rúa tras Praza asistiron abraiados ao nacimento dun novo ser vivo. Ao principio estaban estupefactos, logo cabreados, e xa ao final desentendidos de todo. O novo ser vivo era, aínda que pareza increible, unha papeleira de nome "Taller", esta papeleira estivo engullindo basura, lixo ou como se di en Camariñas "Gesto" durante meses e meses ata que un día debido a procesos internos de fermentación estalou nunha explosión piroplástica (coma un volcán). E foi precisamente durante este proceso de fermentado interno cando a papeleira, de agora en diante Taller, cobrou vida propia. Así, nos días de calor podíase vela sudar gotiñas escuras de lixo que caian polos seus beizos para fora, debido aos gases de metano producidos polo proceso de fermentación, os veciños desta rúa podíamos ver bailar a Taller ao ritmo cadencioso da música producida a altos niveis de volumen polo clásico COCHE-DISCOTECA de Camariñas; ou tremer de sufrimento co atronador martilleo insoportable da clásica MOTO-REACTOR de Camariñas.
A todo esto Taller non solía ser moi amante da ducha e a peste odorífera que de ela emanaba fixo que algún veciño caera desmaiado. Pero ao final, cousas da boa veciñanza, todos os veciños acabaron encariñándose dela ata que agora, nun tráxico día de setembro a nosa querida Taller nos dixo Adeus: Esa presión incesante da merda que se foi embutindo durante meses e meses, prensándose incesantemente dentro da papelera, sen que ninguén lle metera man, e que ao final fixeron que xurdira un novo ser vivo levárona tamén ao seu final, cando xa os gases de tanta vida que tiñan dentro (cando decimos vida queremos decir merda) estouraron na explosión nefasta que nos deixou sen Taller. Adeus compañeira, nótase a túa ausencia (notao a nosa nariz)
P.D: Sería de agradecer que en próximos veráns esto non volvera a ocorrer.

Comentarios   

Mikel
+2 # RE: Unha papeleira con vida propiaMikel 13/09/2007 22:03
Mima como esta o patio
Responder | Denunciar ante o administrador
uXi
+2 # RE: Unha papeleira con vida propiauXi 13/09/2007 22:12
xDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD
pero vosotros estais tronados!!!!!
dios, q risas
Responder | Denunciar ante o administrador
gancho loco
+2 # RE: Unha papeleira con vida propiagancho loco 14/09/2007 23:18
O que nos vos queren contar e que estoupou o día do Carme cando finalizaron os fogos de artificio, mesmo para anunciar a gran traca final. Eu seino po lo que me contaron...
Responder | Denunciar ante o administrador
taller
+2 # RE: Unha papeleira con vida propiataller 08/01/2008 09:44
Sí señor, aquí comenzou a miña historia. Quero dar públicamente as gracias aos redactores de camarinas.eu de que se fixeran eco do meu drama e o expuxeran ó mundo, facéndome famoso en España e 53 países máis, ca cantidade de mulleres que esto trae aparellado. Contade conmigo para ese próximo cocido que queren organizar os usuarios (si sigo vivo para esa, claro). Camarinas.eu Dios vos teña na jloria!
Responder | Denunciar ante o administrador