A sentinazo libre frente ao mar camariñán

A chemical derivada da limpeza das sentinas dos grandes buques continúa arribando ás nosas costas
A chemical derivada da limpeza das sentinas dos grandes buques continúa arribando ás nosas costas

Un dos rasgos distintivos que caracterizan a un redactor de camarinas.eu ven constituido pola entrega en corpo e alma ao exercicio da profesión xornalística. Non se abandona a práctica do periodismo nen sequera despois dunha dura e extenuante xornada de traballo na que se cumpliron a raxatabla as férreas e inflexibles obrigais laborais, cando se pode un relaxar nas Praias de Reira mediante un bronceado de cor cobriza a un corpo masculino esculturalmente cincelado en bronce.

Así, este venres 19 de xuño de 2009 estaba o mencionado redactor na Praia da Pedrosa cando unhas boliñas moldeables de cor negra viñeron a enturbiar o seu máis que merecido descanso. Dado que a estas alturas difícilmente algún poida achacar o orixe das citadas boliñas de fuel (poucas en número e que en modo algún afectaban o máis mínimo ao baño nas prístinas e transparentes augas de Reira) a aquel espinoso e interpretable asunto que se dou en chamar "Catástrofe do Prestige" e que deixou varias mareas de distintas cores ao longo da Costa galega, hai que acabar concluindo que estamos ante outro dos innumerables sentinazos que esta costa paradisíaca ven sufrindo dende tempos inmemoriais. Os sucesivos gobernos xuran e perxuran que se extreman as medidas de vixiancia, pero a limpeza ilegal dos depósitos dos buques en alta mar prosegue a bo ritmo. Polo que se ve, a negra pátina de fuel que tiñe as pedras das Praias de Reira proseguirá por longo tempo.


Engadir un comentario