4.0657894736842 1 1 1 1 1 Rating 4.07 (76 Votes)
Brea e Santa Mariña, dous verxeles naturais, apartados e vírxenes que son visitados da man de camarinas.eu
Brea e Santa Mariña, dous verxeles naturais, apartados e vírxenes que son visitados da man de Camarinas.eu

Visita ao remoto Lugar de Brea

A semellanza da célebre escena protagonizada por Scarlatta O'Hara en "Lo que el viento se llevó" os redactores de camarinas.eu xuraron no seu día non deixar un só palmo de terreno do noso municipio amado sen rastrexar e así a web líder do Atlántico Norte segue amosándolle ao mundo a beleza sobrecolledora dos rincóns máis apartados do Concello de Camariñas, nesta ocasión da man do redactor polivalente de Camarinas.eu, Luis Rodríguez Luaces, que nos fai viaxar a dous dos núcleos  posiblemente máis apartados do Concello dentro dunha mesma ruta turística do máximo interese.

Os plans do Alto Mando de camarinas.eu había xa longo tempo que sinalaran dentro dos seus obxectivos irrenunciables o da visita ao Lugar de Brea. Así, trazado o plan de ruta xunto ao noso redactor polivalente (deportes, historia, cicloturismo, etc) Luis de Quecha, decidíose incluir na mesma incursión operativa un lugar non menos apartado que Brea e cos mesmos encantos turísticos: Santa Mariña, poñéndose en marcha a expedición xornalística de camarinas.eu na inestable, cambiante e brumosa tarde do 2 de xuño do ano do Noso Señor 2009.

Antes de encamiñarse a Brea, a nosa ruta decide desviarse polo Ariño o que conleva contornear a ensenada de A Basa, tendo a Ría de Camariñas como incomparable marco de fondo. Saíndo ao cruce da Parrillada de O Ariño, enfrentamos a llanura xaviñana, desviándonos no Pedrouzo cara a carretera que leva ata Aldea Madeira, Brañas Verdes e por extensión Santa Mariña. É precisamente no marco das ondulantes e inacabables rectas que unen os citados puntos da parroquia de Xaviña, onde a un lado dereito do camiño, está o cruce que leva ao núcleo posiblemente máis apartado e remoto (xunto con Lazo) do Concello de Camariñas: Brea.

Lugar illado e solitario o conxunto de casas antigas e remozadas que apiñadas na ladeira que baixa da montaña que lles da cobixo constitúen o núcleo de Brea. Non foi ata o ano 2008 cando o Concello de Camariñas acometío as obras de suministro de auga potable a tan apartado lugar, obra acometida pola empresa de construcción José Martínez Rial e orzamentada en máis de 47.000,00 euros. Nembargantes, ao día de hoxe poucas son as altas de auga municipal das que se teñan constancia, preferindo os veciños do lugar seguir suminstrándose da súa propia traída de augas. Lugar extraño e confuso tamén, xa que algún que outro inocente veciño da Vila de Camariñas ten sufrido o así chamado "Curioso fenómeno da levitación das fincas da Portela de Brea", que recorda remotamente o que ocurría na grandísima e imaxinativa novela do mestre galego e universal Gonzalo Torrente Ballester "La Saga/Fuga de J.B.", na que unha cidade enteira (Castroforte del Baralla) levitaba no aire esvaecéndose deste mundo terrenal á vontade dos seus veciños en ocasións sinaladas. Aquí, por conductos inexpricables e paranormais, prodúcese un fenómeno idéntico pero respecto a leiras e pinales, os cales desaparecen (neste caso do mundo legal, que non do terrenal) sin deixar rastro e onde non hai título de propiedade que valga. ¡Ay, amigos, misterios insondables da existencia! Se ben todo hai que decilo posiblemente non sexan os veciños do lugar os responsables das citadas e misteriosas levitacións.

Unha vez deixada atrás as terras de Brea cos misterios tenebrosos que agochan dentro delas, adéntrase a expedición de camarinas.eu por intrincados senderos de terra abertos polas compañías eólicas e que no medio dunha paraxe desolada e, a ratos, lunar por influencia dos terribles incendios do verán do 2006, non parecen levar a ningures. Volta atrás a comitiva e desviada en Pescaduira para facer o treito final a carón das cumbres boscosas do Monte Blanco, chegamos a Santa Mariña nunha tarde brumosa e borraxeirenta que xea os osos e impide un reparador baño final no coqueto e abrigado porto  santamariñán. Sin bar ao que acollerse, sin unha fonte en condicións na que saciar unha sede sahariana, será no camiño de volta o inmemorial abrevadeiro de auga de Brañas Verdes o que axude a repoñer as forzas do viaxeiro. Un viaxeiro un tanto imprevisor, todo hai que decilo, que saío o día de autos da súa casa sin un propósito definido e que acabou traendo ás páxinas de camarinas.eu toda unha señora reportaxe.

Comentarios   

laila
0 # laila 19/06/2009 21:33
sta mariña vai nela donde vai sta mariña eu tamen irei con ela.
Ese si q unha beleza sen explotar
PRECIOSO
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+1 # RE: Cicloturismo.eu : Brea (Xaviña) - Santa Mariñarubiasexy 19/06/2009 22:01
mui bonitas fotos o berde que bonito fasedes majas grasias redasion sefa e os pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
toxo
+1 # RE: Cicloturismo.eu : Brea (Xaviña) - Santa Mariñatoxo 19/06/2009 22:04
PERO HOME !!!
PETARAN NA CASA DALJUN VECIÑO PARA DARBOS AJUA.
IR HASTA BRAÑAS VERDES POR AJUA!!!!!
DIOS MIO!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
toxo
+1 # RE: Cicloturismo.eu : Brea (Xaviña) - Santa Mariñatoxo 19/06/2009 22:05
TES RAZON LAILA QUE NON A EXPLOTAN.
DILLE A TOU CUÑADO QUE VOLVA A ABRIR O BAR !!!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 19/06/2009 23:26
Cada rincón do noso Concello é un paraíso,e,dende lojo,toda esa zona e preciosa.A min Santamariña e Arou,me encantan.En Arou,cando o meu pai iba de caza andando desde Camariñas,queda ba varios días descansando nunha casiña dalí.Tiñan tanta amistade que apdriñou a un rapás daquel pueblo;eu perdínlle a pista,e ahora será todo un home,a quen me justaría conoser e saludar.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
arouana
0 # bendoñaarouana 20/06/2009 00:31
si me das algundato podo che desir que ee, bonito paisaxe esto de faser senderismo e o mais bonito que hai pola nosa, costa
Responder | Denunciar ante o administrador
seran7989
0 # seran7989 20/06/2009 18:02
coinsido cons anteriores comentarios,unh as fotos bonitasde un paisaje marabilloso,jra sias por elas.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 22/06/2009 13:23
ARCUANA,o único que sei é que era rubio,que,creo, se chamaba Antonio,e que estivo de Director en aljunha empresa...,pero non sei máis.
Un saudo
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
IsaM
0 # E Brañas Verdes, qué?IsaM 23/06/2009 18:01
Pos ahora queda por facer un reportaje sobre Brañas Verdes, que tamén merece algo coma Brea ou Lazo, non ???
Responder | Denunciar ante o administrador