- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 18 Xuño 2009 18 Xuño 2009
O Lago Dos recibe ao Mago de Corea

O Lago Dos engalanado cas bandeiras do Barça e do Cartagena recibirá a Juanillo este venres 19 de xuño
Estábamos este sábado no Café Bar Arnela tan tranquilamente tomando o seu correspondente (e obrigado) refrigerio cubateril, cando Carlos de Lin, Patrón do Lago Dos, nos comentou que lle gustaría ver publicada na web máis vista da Costa Atlántica a mostra de cariño e devoción da Familia Lin e por extensión de toda a tripulación do Lago Dos polo seu primo Juan Manuel Cabrejo Pasantes, Juanillo, que en forma de dúas bandeiras do Cartagena dende hai uns días colgan da antena maior deste emblemático buque do cerco camariñán.
O caso era que o Mago de Corea chegaba a Camariñas cara a noitiña deste venres 19 de xuño e a Carlos e aos seus irmáns gustaríalles que aínda en terras levantinas Juanillo vira como dende o ascenso do Cartagena á Segunda División A a súa bandeira ondeaba no Lago Dos desafiando dende o máis alto as augas da Costa da Morte, acompañada aínda por enriba da enseña do Barcelona, equipo dos amores de Juanillo. Aquí, en camarinas.eu non é que sexamos moi devotos do Barça, e por eso algún redactor preferiría que as bandeiras do Cartagena ondearan no buque patroneado por Manuel de Lin, acompañadas nestas horas de gloria por outra de heroica cor branca, xa que eso significaría... Pero, en fin, ben sabido é de todos que este mundo é un valle de lágrimas ao que se ven a sufrir. Pulsa na imaxe para ver unha galería fotográfica do Lago Dos engalanado.
{multithumbs}
{/tabs}
Comentarios
"BENVIDO CAMPION"...estu diante---
Kaká...................................65 millones de euros
Villa....................................50 millones de euros.
Mago de Corea.......... .........NO TIENE PRECIO.
Para todo lo demás MASTERCARD.
Florentino, si tu supieras lo que nosotros tenemos.....
E ti Bufardo mira q m rein co comentario,jaja j, eso é imaginación!!!
bikiñoss
Benvido o pueblo JUANILLO.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.