4.8766233766234 1 1 1 1 1 Rating 4.88 (154 Votes)
Nunha humilde casiña do Barrio de Corea, aquela que fai esquina na Praza da Insuela e que sinala a frontera que separa a este peculiar distrito camariñán do resto do mundo, vive dende hai longos anos unha muller humilde e traballadora. Das de antes, con numerosos fillos aos que alimentar, cun home embarcado durante interminables temporadas, nunhas épocas duras e incertas. Pluriempregada. O mar, a lonja, a Fábrica, vírona pasar ata que finalmente un día chegaría a desempeñar durante máis de 30 anos a labor pola que pasará á historia da Vila de Camariñas. Señoras e señores, estamos a falar de María de Marta, a gran comadrona histórica de Camariñas, que este xoves 11 de xuño cumpre 78 anos.

Os 78 anos da comadrona histórica de Camariñas


O 7 de xuño de 2008, fai exactamente un ano, camarinas.eu rendía a debida homenaxe a María de Valiña, un nome que tal vez non lles diga muito ás novas xeracións, pero que posiblemente fixo que a xeración por encima da actual xuventude camariñana viñera a este mundo pecador e maldito. "A gran comadrona de Camariñas durante tantos anos", ese era o titular da web líder da Costa Atlántica, auténtica memoria histórica da Vila das Palilleiras. A muller que recollío o legado de María de Valiña ata chegar a converterse na gran comadrona histórica de Camariñas proviña do Barrio de Corea e chamábase María de Marta.
Nacida no seno dunha familia de oito irmáns, cedo tivo que poñerse a traballar Señora María. Primeiro axudando ao seu pai nas labores do mar, sería precisamente na extinta e decrépita lonja de Camariñas onde se enamoraría con 18 anos do seu home Pedro Luaces Arén (coñecido como Pirucho ou Chiribí). Casada aos 20 anos, iniciábase entón unha vida en común de 56 primaveras e de nove fillos que virían a este mundo, dos que un deles, Pedro, acabaría casándose ca nosa usuaria Sefa. Posteriormente chegaría a traballar na Fábrica de Cerdeiras, ata que un día axudou por vez primeira a traer a un rapaciño camariñán ao mundo dos vivos. Iniciábase unha longa de vida de 30 anos como parteira na antiga Vila de Camariñas ata que un mundo moderno dotado das máis asépticas e tecnolóxicas máquinas e de preparados equipos médicos do máis alto nivel profesional sustituiron ás mans expertas e ao saber ancestral desta humilde muller camariñana.

Aínda tería tempo María de Marta de deixar a súa pegada como experta cociñeira de bodas e comunións que terían como principal campo de demostración o Baixo de Perrúa sito na rúa Pinzón durante unhas épocas que acarbacaron os finais dos setenta e toda a década dos oitenta e foi novamente a modernidade, en forma de modernos Palacios de Banquetes, bodas organizadas ata o máis mínimo detalle e clonadas en serie a partir dun mesmo molde, a que sepultou para sempre aquelas antolóxicas comelladas de bodas e rebodas que sábados e domingos facían impracticable o célebre viario camariñán da Rúa Pinzón.
Por todo o anterior, no día do seu 78 cumpreanos, camarinas.eu non podía deixar de rendir respetuosa e agradecidamente a debida homenaxe a unha muller humilde e traballadora, responsable de traer ao mundo prácticamente a meirande parte do Padrón de veciños camariñán (entre outros ao futuro director de camarinas.eu Diego Alonso Freire nos pisos do Mantido, na Rúa Vulcano) e persoaxe principal dunha etapa clave da historia da nosa vila, como foi aquela das bodas e comunións do Baixo de Perrúa, e así, Lucía Carril Ageitos, a principal reporteira xornalística da Costa da Morte, prantouse na mañá deste xoves 11 de xuño de 2009 na casa da súa amiga a Señora María de Marta cun bloc de notas para anotar todos os detalles da vida dunha muller exemplar, e cunha carpetiña ca que recoller as fotos que debuxan toda unha vida. A vida da gran comadrona histórica da moi antiga e noble Vila de Camariñas. Sra. María, ¡¡FELICIDADES!!

Comentarios   

MC_CITY
+2 # FELISIDADES MARIA!!MC_CITY 11/06/2009 18:14
WENO DESEARLLE A MARIA UN FELIS CUMPLEAÑOS E Q SIJA ASI TAN FELIS COMO ESTA, SEMPRE RINDOSE E SEMPRE TENDO ALJUNHA HISTORIA Q CONTAR..JAJAJA AI QUE MARIA!
WENO UN BIKO
FELLISIISISIIDA DESSSSS!!
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+2 # RE: Fotos Historicas: Maria Barcia Gerpelucia018 11/06/2009 18:20
EU Volvo a felicitr a señora Maria..
Ainda que xa o fixen hoxe pola mañn pero de novo q cumplas Moitisimos mas e que eu os Vexa e como di MC_CITY Siempre cas tuas Historias que contar ee que ns gustan moito que sigas asi tan cntentiña siempre

Feliz Cumpleaños!...
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+2 # RE: Fotos Historicas: Maria Barcia Gerperubiasexy 11/06/2009 18:28
bueno queria felicitar amiña nai son pedro felicidades mama bikos
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+2 # merece todo mariarubiasexy 11/06/2009 18:35
queria felicitar amiña sogra que cumpla muitos mais as fotos muy bonitas e o vidio impresionante justoume muito grasias por todo trusome muitos recuerdo maria que cumplas muitos mais sefa pedro e pedrito di pedrito un biko grande para sua madriña vale felicidades outra bes son sefa que pedro non se rebolbe jaja bueno esta muy wapa sije asi a grasias lucia diego marcos sondes os mellores viva miña sogra e darlle as grasias tamen amiña cuñada anabel que ten amiña sogra como unha reina felicidades
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+2 # RE: Fotos Historicas: Maria Barcia Gerperubiasexy 11/06/2009 18:36
mima que recuerdos meu sogro como pasan os anos que wapos estades felizcumple sefa
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+2 # FELICIDADES MARIABeldoña 11/06/2009 18:38
Cando eu era un rapás,eínda non vivian en Corea,ERAN VECIÑOS NOSOS...Eran os de MARTA,xente traballadora,ho nrada,BOA XENTE...XENTE AUTENTICA DO NOSO PUEBLO.Eínda que a mín e a meus irmás,nos axudou a vir a este mundo a Sra MARIA DE VALIÑA,reconosc o a gran labor levada a cabo por a SEÑORA MARIA DE MARTA polo noso pueblo.
NORABOA MARIA e reciba da miña parte a da miña familia un agarimoso saudo.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
Jenny
+2 # RE: Fotos Historicas: Maria Barcia GerpeJenny 11/06/2009 20:11
Deseamos de todo corazon un Muy Feliz Cumpleaños a Señora Maria e que cumpla muitos mais !
De parte de toda familia Blanco
Responder | Denunciar ante o administrador
Juan Camariñan
+2 # RE: Fotos Historicas: Maria Barcia GerpeJuan Camariñan 11/06/2009 21:39
Axudou a miña nai a traerme a o mundo, eso e suficiente pa estarlle agradecido de por vida, muitas felicidades Sr Maria. Si e verdad que todo canto fajas en esta vida ten repercusion na outra, usted ten a jloria janada.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+2 # RE: Fotos Historicas: Maria Barcia Gerpemantida 11/06/2009 21:42
Pos xa era hora de que lle fixeran este bonito reportaje señora Maria, meresiao,e ainda podiamos pensar en faserlle unha festiña ,que cumpla muitos mas e nunca saque esa sonrisa que ten porque siempre que falen con usted siempre a encontren reindose, muitas felisidades.
Responder | Denunciar ante o administrador
PIRUCA
+2 # RE: Fotos Historicas: Maria Barcia GerpePIRUCA 11/06/2009 21:50
MUITAS FELICIDADES TIA MARIA E OJALA CUMPLA MOITÍSIMOS MÁIS.
É UNHA ARTISTA,CHES.VA I BOA DE TRABALLAR TAMÉN,DE COMADRONA,COCIÑ EIRA NAS BODAS,FASENDO OS CALLOS EN CARNÉS,ETC,ETC.
E SIEMPRE CUNHA SONRISA NO SEU ROSTRO.
UN SALUDO E UN BICO.
Responder | Denunciar ante o administrador
reira
+2 # BONITAS FOTOS ((REIRA))reira 11/06/2009 21:54
EU TAMEN ME UNO A DESEARLLE FELICIDADES A MAY DE PEDRO OU A SOGRA DE RUBIA QUE VN SENDO O MISMO MOISTA FELICIDADES SEÑORA MARIA
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
+2 # RE: Fotos Historicas: Maria Barcia Gerpejose de marta 11/06/2009 23:27
Felisidades miña tia polo seu cumpleanos e que cumpla muitos mais,as Martas sodes todas artistas,muitos saludos desde Inglaterra.
Responder | Denunciar ante o administrador
labordeta
+2 # RE: Fotos Historicas: Maria Barcia Gerpelabordeta 12/06/2009 00:33
si señor levo muito tempo mirando esta pagina pero nunca se me dou por escribir, pero hoxe non me podo resistir sin felisitarlle o cumpleaños a señora maria e que cumpla muitos mas que mulleres coma ela ainas mui poucas neste mundo.
Responder | Denunciar ante o administrador
marcosbouzas
+2 # RE: Fotos Historicas: Maria Barcia Gerpemarcosbouzas 12/06/2009 10:45
MOITAS FELICIDADES TIA MARIA UN BICO DENDE FUERTEVENTURA DE MARCOS E FAMILIA
Responder | Denunciar ante o administrador
ANABEL LUACES
+2 # ¡GRACIAS!ANABEL LUACES 12/06/2009 11:58
Queria dar las gracias en nombre de mi madre y en el de mi familia a Diego y todo su equipo por el reportaje tan bonito y tambien a todos aquellos que de corazon habeis felicitado a mi madre de la que me siento muy orgullosa mediante esta página o personalmente en mi casa. Gracias.
Responder | Denunciar ante o administrador
juanillo
+2 # RE: Fotos Historicas: Maria Barcia Gerpejuanillo 12/06/2009 12:19
felisidades señora maría,que cumplas muitos mais e que sija asi de ben!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
+2 # SENHORA MARIA...hombre lobo 12/06/2009 13:25
...TAMEN QUERIA FELISITALA EU POLO SEU CUMPLE...OJALA QUE DURE UN MONTON DE ANOS MAIS...DIJO COMA BELDONHA..BOA FAMILIA,DE PERSONAS TRABALLADORAS,H UMILDES E AJRADABLES...E TAMEN CON NETAS E SOBRINHAS BEN JUAPAS...CAEME BEN TODA A FAMILIA DAS MARTAS,ROCIO,JO SE,NEL...BUENO TODOS..DA JUSTO CRUSARSE CON XENTE POLA CALLE,CA CABESA ERGIDA E SALUDANDO OS VESINHOS..ASI ME PARESE ESTA FAMILIA.UN BIKINHO SENHORA MARIA.

VITO
Responder | Denunciar ante o administrador
ruliña
+2 # RE: Fotos Historicas: Maria Barcia Gerperuliña 12/06/2009 19:57
BUENO QUE DESIR DE ESTA MULLER ,SI ESTA DITO TODO.ANTE TODO E UNHA MULLER MARABILLOSA,E UNHA PERSONA ESTUPENDA,E O DIJO DESDE O MEU CORASON.SEÑORA MARIA MUITAS PERO QUE MUITAS FELISIDADES POR O SEU CUMPLEAÑOS.SI SEÑORA MARIA O MEU PRIMER FILLO MIÑA NAI FUI A BUSCALA POS ROMPERA AJUAS E ENCANTO ME VIO XA LLE DIXO A MIÑA NAI ,MARIA ESTA RAPASA PARE HOXE ,ASI QUE SUBE CON ELA PA CORUÑA .SUBIMOS AS 9 DA MAÑAN E AS 7 DA TARDE XA PARIRA A MEU FILLO.MUITAS JRASIAS SEÑORA MARIA.E NO VELATORIO DA MIÑA NAI CANDO ENTROU AXUDADA COS SEUS BASTONS MIMA E DISIA QUE TIÑA QUE ESTAR ALI. E CA SUA FALA TAN AGRADABLE QUE TEN DANDONOS ANIMOS ,MIMA E SEU HOME TAMEN ESTABA .NON ME CANSO DE DARLLE AS GRASIAS .UNH BIQUIÑO GRANDE DE ROSARIO UNHA FILLA DE MARIA DA FATEIRA E DE CHAFLIN.
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
+2 # RE: Fotos Historicas: Maria Barcia Gerpegelinita 12/06/2009 20:34
Despos de estar unha semana co ordenador estropeado a primeira notisia que leo é a do cumpleaños da señora María de Marta. Sin duda aljunha unha jran muller e toda unha artista en todo aquelo que fasía.
Noraboa polo seu cumpleanos , ainda que sea un pouco tarde.
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
+2 # RE: Fotos Historicas: Maria Barcia Gerpegelinita 12/06/2009 20:35
Von boa de dormir na casa de señora María ca sua neta Pati, rta. Miña noraboa polo seu cumple é unha muller admirable.
Fdo:LAura
Responder | Denunciar ante o administrador
soco
+2 # Un monumento para Mariasoco 15/06/2009 05:08
Felicidades Maria. Somos tantos os camariñans e camariñanas que che debemos a vida, e digo literalmente a vida, que deberian facerche un monumento no medio da plaza do ayuntamento. Esta si e una gran muller, traendo vidas o mundo e dandonos agua a toda corea. Que mais hay que facer para levantarlle un monumento?
Responder | Denunciar ante o administrador