4.6078431372549 1 1 1 1 1 Rating 4.61 (51 Votes)

Image

¿Igualdade para as Asociacións do noso concello?

Desde os inicios de camarinas.eu hai caseque 2 anos estivo claro no seu fondo ideolóxico o pensamento de formar un medio de comunicación forte e influinte co obxectivo e o deber de defender os intereses dos veciños do Concello de Camariñas e dos diversos colectivos sociais que conforman o mesmo. Así este martes tivemos a oportunidade de ver publicado polos nosos compañeiros do rotativo coruñés "La Voz de Galicia" unha nova pouco esperanzadora da situación na que se atoparán as asociacións camariñanas respecto ao novo equipo que hai uns meses rexenta o goberno da Xunta de Galicia.

 

O caso é que de todas as asociacións do noso concello que pediron subvencións á nova Consellería de Política Lingüistica para realizar as súas actividades deste ano tan só unha das sete recibío unha subvención. A afortunada asociación resultou ser o Club Balonmán Camariñas que recibirá un total de 2.155 euros. As demáis pois terán que conformarse con 0 euros. A asociación Virxe do Carme de Camariñas que pretendía realizar unha revista con toda a historia da nosa Festa do Carmen terá que suprimir este proxecto da Revista para próximos anos. Un paso atrás respecto a outros anos anteriores sen dúbidas. En fin, xa sabemos como funciona a política e pouco podemos facer as sinxelas e humildes xentes de Camariñas para facer frente a estas actuacións desproporcionadas. En todo caso camarinas.eu, sempre obxectiva e nunca ligada a ningún partido político estará pendente de tódolos movimentos desde altos organismos que poidan afectar a boa marcha das nosas asociacións. Pulsa na foto principal para ver máis datos das subvencions concedidas.

Comentarios   

Machote
+2 # RE: Asociacions de Camarinas sen subvencionsMachote 11/06/2009 19:20
votade pp xa veredes o que vay pasar,e pos que mais lle votaron os de camelle estan coma nos,votade pp,por favor para as proximas eleccions votade o gil moitas gracias,votade pp e procurar non caer o mar xa que non hay helipcotero.
Responder | Denunciar ante o administrador
Dj^CaPrIcHoSa
+2 # manda trucoDj^CaPrIcHoSa 13/06/2009 10:58
referente asuvencion da lingua galega
vexo q esta tamen a asociacion !rendas!
onte cando chejei a asociacion dime a presidenta ana lee esa carta...
miro q ven denegada tal suvencion,,
o mas bonito eh,de donde sacaron q rendas pidio esa suvencion?
para vender encaixe non creo q nos faja falta aprender galego... creo eu non?
eh si asi vai..nin galego nin ningun idioma ala un saludiño anyta de
Radio_Fantasia
Responder | Denunciar ante o administrador
JABA
+2 # BAICHE BOA!JABA 15/06/2009 12:40
Esi estamos......a politika non trae kousa boa,en ves de avansar pa diante,vamos de recú...hai ke se deixar de intereses politikos,e mirar polo ben do pueblo, en general, ke boa falta lle fai,e a os da xunta; "MOITAS JRASIAS POR NADA!
Responder | Denunciar ante o administrador