Os éxitos do balonmán camariñán veñen de lonxe

Como ben amosa esta fotografía, a paixón polo balonmán en Camariñas ven de lonxe
Como ben amosa esta fotografía, a paixón polo balonmán en Camariñas ven de lonxe

Ramón de Dulia mandounos esta foto histórica na que podemos ver ao equipo de balonmán de Camariñas nun partido que xogaron no colexio público de Ponteceso no ano 1973. Neste partido arrasaron ao equipo local por un tanteo global de Ponteceso 4 - Camariñas 17. Era este un equipo multiusos que xogaba tanto ao futbito como ao balonmán ou o voleibol. En fin, dábanlle a todo e dábanlle bastante ben.

O Balonmán de Camariñas arrasaba na Costa da Morte xa desde o ano 1973

O balonmán en Camariñas ven de lonxe
O balonmán en Camariñas ven de lonxe

Nomes do Xogadores da foto

  1. Ramón "O Vijo"
  2. Mario de Camuel
  3. Julio da Xaviñana
  4. Ramón de Dulia
  5. Manolo do Vijo
  6. Juan José do Coxo
  7. Suso "O Bicho"
  8. ¿O Chuliño?

 

Comentarios   

karina
0 # karina 12/09/2007 14:22
MENUDA FOTO MAIS BONITA E ESTA.OS QUE AINDA SE PARESEN MUITO A AHORA,SON MARIO DE CAMUEL,JULIO DA XAVIÑANA E RAMON DE DULIA,ANQUE JUAN JOSE DO COXO TAMEN SE PARESE BASTNATE.GRACIA S POLA FOTO
Responder | Denunciar ante o administrador
gancho loco
0 # gancho loco 12/09/2007 17:06
Efectivamente, o último e "o vigiño" ou "o chuliño", como queirades. Todos eles son da miña idade, ano arriba ano abaixo.
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # Mikel 13/09/2007 22:39
Ostras,xa daquela tiñamos baolonman,pois eu non o sabia,enhoraboa a esa xente
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # Mikel 13/09/2007 22:40
balonman,perdon
Responder | Denunciar ante o administrador