- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 01 Xuño 2009 01 Xuño 2009
Obras na Rúa da Praia de Arou con moito calor
Camarinas.eu segue a facer un seguimento exhaustivo ás obras integrantes do Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL) sobre todo si para elo tense que acercar ata Arou nunha soleada e espléndida tarde de praia.
Acondicionamento da Rúa da Praia, no Lugar de Arou", cun orzamento de licitación de 108.450,89 euros é a única obra do FEIL que lle tocou en sorte a Arou e primeira das dúas que executará a empresa camellana de obra pública Francisco Casal Méndez y Otro.
A citada obra sustituirá o pavimento existente por outro novo de formigón armado e acabado impreso e asemesmo executará unha rede separativa de augas destinándose unha á recollida e canalización das augas residuais e a outra a das augas de chuvia. O caso é que era tan espléndida e calurosa a tarde deste 1 de xuño en Arou que a comitiva xornalística de camarinas.eu non puido evitar darse unha volta pola vila arouana para acabar sumerxéndose nun refrescante chapuzón nas augas da súa maravillosa praia, de todo o cal deixamos testimonio na galería fotográfica do interior desta noticia.