4.1368421052632 1 1 1 1 1 Rating 4.14 (95 Votes)

Manuel de Lin posa ca sardiña voladora no Muelle Novo de Camariñas este sábado 23 de maio

Ata agora creíamos que víramos de todo no Porto de Camariñas: calamares xigantes, pulpos enormes, merluzas de 13 kilos, lubinas de sete kilos e medio...cando soubemos este sábado que as embarcacións Manuel de Lin e Lago 2 no medio das súas redes subiron a bordo este venres 22 de maio un certo número dunhas estranas sardiñas provistas cunha especie de alas que enseguida foron designadas como "sardiñas voladoras", xa que non deixan de presentar as aerodinámicas formas dun avión de combate.

Carlos de Lin, patrón do Lago 2 recorda que unha vez haberá uns 18 anos faenando naquel entón na zona da Coruña xa foran avistadas estas estranas sardiñas que eran capaces de voar unha certa cantidade de metros por encima do mar e incluso unha foi capturada, momento que quedou inmortalizado nunha imaxe na que o seu irmán Felipe, todavía un cativo, posa ca sardiña con alas. Pois hoxe, 18 anos despois, estes estranos especímenes volveron a facer aparición na vida desta familia camariñana cunha tradición mariñeira tan antiga.

Comentarios   

rubiasexy
+1 # RE: Noticias do Mar - Cerco de Camarinasrubiasexy 23/05/2009 15:26
mima que sardiña boladora esta ben bonita ches bueno des de aqui sa que salistedes quero felicitar abosa nai pilar de lin felicidades hermana que cumplas muitos mais vale mima fijandose ben que sobriños tan wapos teño caime ababa eso sefa e os pedros fuerteventura
Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # SARDIÑAS BOADORASBeldoña 23/05/2009 15:50
Eso quer desir que,incluso, os peixe progresan e melloran ás suas facultades pá escapar.
Eu creo que son sardiñas con "carreira".Carr eira de AVIADOR.
O próximo salto,veremolas manejando un avión de combate (ou de pasaxeiros )
Ver para creer...
Antonio
Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # RE: Noticias do Mar - Cerco de Camarinasmantida 23/05/2009 16:01
Eu tamen e a primeira ves que a vexo, non sabia que existian sardiñas voladoras,o que queria saber e si o que as diferensia das sardiñas normales son as alas.
Denunciar ante o administrador
duquesa
+1 # sardiñas boladorasduquesa 23/05/2009 20:38
non sabia eu que habia sardiñas que volaban moi ben.
Denunciar ante o administrador
JABA
+1 # O MILLOR,HASTA SABEN BEN...ASADIÑAS!JABA 24/05/2009 14:49
A saber as especies variadas ke se enkontran nas profundidades!O MAR E TODO UN MISTERIO!(eh poderanse komer,as sardiñas estas?)
Denunciar ante o administrador
pouso
+1 # RE: Noticias do Mar - Cerco de Camarinaspouso 24/05/2009 16:49
a partir de ahora pa ir pescar vai haber que comprar unha escopeta
jajaja
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.