4.468085106383 1 1 1 1 1 Rating 4.47 (47 Votes)

A demolicion do firme existente constitúe o punto de arranque das obras na Avenida Eugenio López

Comenzan as obras da Avenida Eugenio López

Na tenebrosa mañán do mércores 13 de maio, baixo unha chuvia pertinaz e constante, con moito frío, os operarios de  Construcciones José Martínez Rial comenzaron as obras de "Pavimentación da Avenida e Travesía Eugenio López", obra orzamentada inicialmente en 216.473,16 euros dentro do Fondo Estatal de Inversión Local que distribuío máis de 8.000 millóns de euros en obra pública ao longo de toda España e dos que lle tocaron a Camariñas 1.110.601 euros repartidos en sete obras a executar nos vindeiros meses no noso Concello.

Estas obras pretenden ser unha continuación das xa levadas a cabo nas rúas do Medio e San Miguel e das proxectadas na Rúa do Areal e que inclúen a renovación da rede de saneamento, a construcción dunha rede de pluviales, a renovación dos enganches da auga potable existentes e a pavimentación en formigón impreso do firme, a semellanza do executado ata o de agora nas mencionadas rúas camariñanas. Sempre ao pe do cañón informativo, o director de camarinas.eu desafiou aos elementos e como si dunha fiera (xornalística) se tratara plantouse nas obras o día de inicio dos traballos para ofrecervos unha galería fotográfica. 

Comentarios   

JABA
+1 # OBRAS!JABA 14/05/2009 18:35
Tanto karto........!, haber si fan boa inversion deles en obras publikas,o ayuntamiento de Camariñas ainda lle falta muito ke TRABALLAR en infraestructura ,para o ben e komodida da xente do pueblo,e tamen para atraer turismo,necesar io,pa todo tipo de nejosios!!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
JABA
+1 # CAMARIÑAS DESPERTA!JABA 14/05/2009 18:38
Camariñas,neces ita crecer e ter mais vida,xa levaba moito tempo dormida......!
Responder | Denunciar ante o administrador